Calendar

Nov
24
Mar
Lectura da tese de doutoramento de Carlos Quintáns @ Salón de Graos, Edificio de Departamentos, ETSAC
Nov 24 @ 11:00 – 14:00

carlos quintáns_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Carlos Quintáns, profesor da ETSAC, co título: ARQUITECTURA DO SECADO.

Director: Miguel Ángel Baldellou.

Data: martes 24 de novembro, ás 11:00h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

Nov
25
Mér
Xornada para a difusión da madeira na arquitectura @ Salón de actos da ETSAC e espazo expositivo andar 0
Nov 25 @ 11:00 – 14:00

Xornada para a difusión da madeira na arquitectura a celebrar na ETSAC o mércores 25 de novembro na que concorren varios eventos:

-Presentación do concurso bianual PFC 2015-17

-Palestra do arquitecto Miguel A. Nevado: “Que podemos construír con madeira? O caso dos edificios en altura”

-Entrega de premios Patio de xogo cuberto

-Exposición dos traballos seleccionados do 16 ao 28 de novembro

 

Organización: Félix Suárez Riestra, profesor da ETSAC

 

madera_1

Conferencia PFC: Proxecto Execución. Cumplimento CTE. José Luis Martínez Raido @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 25 @ 16:00 – 19:00

Conferencia PFC: Proxecto Execución.

Cumplimento CTE.

José Luis Martínez Raido

Mércores, 25 de novembro de 2015, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

Nov
26
Xov
SketchUp Pro: presentación na ETSAC
Nov 26 @ 12:30

Presentación de SketchUp Pro na ETSAC por Jesús Somoza, arquitecto.

Organización: Iscar

Data: xoves 26 de novembro, ás 12:30h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

sketchup_2

Nov
27
Ven
Xornadas na ETSAC sobre A CASA: pezas , ensambles e estratexias @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 27 @ 11:00 – 15:00

maga_1

 

Xornadas sobre A CASA: PEZAS, ENSAMBLES E ESTRATEXIAS na que intervirán: Zaida Muxí, Eduardo Caridad, Cándido López, Inés Pernas, María Carreiro, Pere Fuertes, Eduardo de la Peña, María Jesús Dios e Carmen Espegel

Organización: grupo de investigación GAUS-MAGA, grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible e Mulleres Arquitectas de Galicia

Datas: 06, 13, 19 e 27 de novembro de 2015

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

Máis información e inscripcións:

https://www.udc.es/gausmaga

Cartaz xornadas A CASA

Lectura da tese de doutoramento de Óscar Fuertes Dopico @ Salón de grao, edificio departamentos ETSAC
Nov 27 @ 11:30

oscardopico_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Óscar Fuertes Dopico: AS CARPINTERÍAS DE RIBEIRA EN GALICIA. A RECUPERACIÓN DAS SÚAS ARQUITECTURAS

Director: Joaquín Fernández Madrid
 
Tribunal: Francisco Ortega Andrade (presidente), José Antonio Sacristán Fernández (vogal) e María Dolores Otero Chans (secretaria)
 
Data: venres, 27 de novembro, ás 11:30h
 
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

 

Debate na ETSAC: A Vedra, autoestrada ou avenida? @ aula especial 1, andar -1
Nov 27 @ 12:00

a vedra_2

 

Palestra A VEDRA, AUTOESTRADA OU AVENIDA? coa presenza de Daniel Díaz Grandío e Xiao Varela Gómez, concelleiros de Mobilidade Sostible e Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, respectivamente.

Ademáis de coñecer, de primeira man, as propostas do Concello para a humanización da infraestrutura coruñesa, a Escola pretende favorecer o debate sobre temas urbanos de actualidade.

Nova data: venres, 27 de novembro, ás 12:00h. Desculpade as molestias!

Lugar: Aula especial 1, andar -1 da ETSAC

 

xiao_1

Dec
1
Mar
Ourense imaxinado: expo na ETSAC @ Espazo expositivo andar 0, ETSAC
Dec 1 2015 @ 09:29 – Mar 31 2016 @ 10:29

ourense_6

 

A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.

Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:

EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]

EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]

MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]

A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].

Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos

Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia

Produce: Concello de Ourense

Máis información: www.ourenseimaxinado.com

 

OURENSE_1

OURENSE_00

OURENSE_2

OURENSE_4

Dec
2
Mér
Evento FETSAC 16: a crise dos corenta @ Andar -2 da ETSAC
Dec 2 @ 19:30 – 21:00

fetsac_1

FETSAC_1

 

Evento FETSAC 16, A Crise dos corenta, no andar -2 da Escola, 19:30-21:00h. Bizcochón +Tazzal, alumeado do FETSACBETO e “7 poemas para 7 casas” con Juan Creus e Juan Froján.

Máis información: https://www.facebook.com/fetsac

 

fetsac_02

Dec
4
Ven
B2.TFG do Grao en Estudos de Arquitectura. Alumnos aptos para a defensa do Traballo Fin de Grao (6 ECTS) @ Salón de Actos. ETSAC
Dec 4 @ 10:00

De acordo co regulamento do traballo fin de grao da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura e a súa programación temporal se publica a relación de alumnos admitidos para a defensa do Traballo Fin de Grao.

O tribunal constituirase o vindeiro venres 4 de Decembro ás 10:00h. no salón de actos da ETSAC.
Orde de presentación tal e como figura na listaxe de alumnos aceptados.
O tempo de exposición será de 15 minutos e asignaranse 10 mínutos adicionais nos cales o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións que considere.

O salón de actos estárá reservado para a realización das probas da exposición o xoves 3 de decembro entre as 9:00 e as 21:00 horas.

20151201 B2TFG Alumnos admitidos para defensa e orde