Calendar

Abr
8
Mér
Palestra PLADUR sobre sistemas de tabiquería lixeira @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 8 @ 12:00 – 13:30

Palestra PLADUR sobre sistemas de tabiquería lixeira na ETSAC.

Poñente: Israel Feito, xefe de asistencia técnica de Pladur

Data: mércores 08 de abril, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC

pladur_2

Abr
13
Lun
III xornadas de Arquitectura Modernidade e Contemporaneidade @ Salón de Actos ETSAC
Abr 13 @ 09:00 – Abr 14 @ 16:00

III xornadas de arquitectura. Modernidade e contemporaneidade. Le Corbusier 2015-1965

A conmemoración en 2015 do cincuentenario do pasamento de Le Corbusier (1887-1965), sen dúbida o mestre mais importante da arquitectura do século XX, fai do ano 2015 un verdadeiro ano corbusieriano, e da lugar a toda unha serie de estudos, investigacións e simposios nos diferentes ámbitos arquitectónicos tanto do noso país coma internacionais.

A influencia de Le Corbusier esténdese aínda agora sobre a arquitectura de Galicia, o que permite e aconsella dedicar esta edición das xornadas MODERNIDADE E CONTEMPORANEIDADE a analizar e revisar o legado corbusieriano dende a Escola Técnica Superior de Arquitectura.

Proponse, pois, a celebración na Escola dunhas xornadas centradas neste tema, en se mesmo e no seu reflexo na produción dos arquitectos que están a desenvolver a súa práctica profesional de xeito comprometido no país.

Durante dous días, os arquitectos e investigadores invitados debaterán a traxectoria da MODERNIDADE e as bases da CONTEMPORANEIDADE da arquitectura en Galicia, manifestando as presenzas e ausencias do legado corbusieriano, a visión do noso territorio e a identidade da nosa arquitectura. Concluirase cunha mesa redonda na que esperamos os aportes e as intervencións de todos os participantes.

Abr
14
Mar
CINETSAC: segundo cuadrimestre @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 14 @ 17:00 – 19:00

Nova edición do ciclo de cinema CINETSAC para o segundo cuadrimestre d0 curso 2014-15 que nos trae clásicos do cinema en relación coa arquitectura como: O apartamento, Os Blanding xa teñen casa e outros exemplos máis recentes como Medianeiras ou Grande hotel Budapest.

Solicítase un crédito de libre configuración

cinetsac_2

Abr
15
Mér
Obradoiro 06: Palestra sobre INFRAESTRUTURAS VERDES @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 15 @ 10:00 – 12:00

CREUS_1

Palestra da arquitecta paisaxista Cruz Calleja sobre INFRAESTRUTURAS VERDES no Obradoiro 06.

Data: mércores 15 de abril, ás 10:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Organiza: GCeT, grupo de investigación Galicia, Cidade e Territorio

CREUS_2

Abr
16
Xov
Inauguración do ESPAZO DALDA na biblioteca da ETSAC @ Biblioteca da ETSAC, andar 1
Abr 16 @ 18:00 – 20:00

dalda_1

O xoves 16 de abril, ás 18:00h, inaugúrase o ESPAZO DALDA na ETSAC cos fondos doados da biblioteca e o arquivo do profesor Juan Luís Dalda.

Servirase un viño e contaremos coa actuación do cuarteto de jazz Afternoon snack.

Máis información: Invitación Espazo Dalda

Dalda_1

Dalda_2

Dalda_3

Dalda_4

 

Abr
17
Ven
Conferencia: “Propuestas ecofeministas ante la crisis globalizadora” Yayo Herreros @ Salón de Actos. ETSAC
Abr 17 @ 12:00 – 13:30
Conferencia: "Propuestas ecofeministas ante la crisis globalizadora" Yayo Herreros @ Salón de Actos. ETSAC

O próximo venres 17 ás 12 horas, terá lugar no Salón de Actos da ETS Arquitectura da UDC, a conferencia de Yayo Herrero, “Propuestas ecofeministas ante la crisis globalizadora” que forma parte do Seminario Hábitat a Escala Humana financiado pola Cooperación Galega dentro dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento.

Cartel Seminario HaEH sesión 1

Abr
20
Lun
Conferencia PFC: “Proxecto de Execución: CTE. Parte II” Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC
Abr 20 @ 16:00 – 17:30

CONFERENCIA PFC:

“Proxecto de Execución: CTE. Parte II”

Antonio Raya de Blas

Salón de Actos ETSAC

Luns, 20 de abril de 2015       16:00 h-17:30 h

Abr
21
Mar
CINETSAC: segundo cuadrimestre @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 21 @ 17:00 – 19:00

Nova edición do ciclo de cinema CINETSAC para o segundo cuadrimestre d0 curso 2014-15 que nos trae clásicos do cinema en relación coa arquitectura como: O apartamento, Os Blanding xa teñen casa e outros exemplos máis recentes como Medianeiras ou Grande hotel Budapest.

Solicítase un crédito de libre configuración

cinetsac_2

Abr
22
Mér
BOLOÑA 2: sesión informativa para alumnos de quinto curso @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 22 @ 12:30 – 13:30

BOLOÑA 2: sesión informativa para alumnos de quinto curso de Boloña 1 e Plano Antigo.

Data: mércores 22 de abril, ás 12:30h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Documento de preguntas frecuentes.

¿Boloña un ou dos? comparativa plans de estudos

 

boloña_2

 

Abr
24
Ven
2ª sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana: ‘Xestión Social do Hábitat’ @ Salón de Actos ETSAC
Abr 24 @ 10:30 – 18:00
2ª sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana: 'Xestión Social do Hábitat' @ Salón de Actos ETSAC
O próximo venres 24 de abril a partir das 10:30 horas na Escola de Arquitectura da Coruña, terá lugar a segunda sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana do 2015, baixo o título ‘Xestión Social do Hábitat’.A asistencia é libre, as inscricións son gratuítas e darán acceso a un certificado de asistencia e ao correspondente recoñecemento de créditos de libre elección por parte da Universidade da Coruña para aquelas persoas que asistan ao 75% das sesións (en tramitación). Estarán abertas ata o día 24 de Abril antes das 12:00h e pódense realizar a través do seguinte formulario.

Participarán:

10:30 horas

MARTA FONSECA – COL·LECTIU PUNT 6
VIDA COTIÁ E MOBILIDADE
Arquitecta pola Universidade Nacional de Medellín, Colombia. Dende 1991, colabora na redacción de proxectos arquitectónicos en Barcelona. É docente do curso ‘La casa sin género‘ no Máster ‘Laboratorio de la Vivienda del siglo XXI‘ da UPC – Universidade Politécnica de Catalunya e no curso ‘Planificando ciudades con ojos de mujeres: urbanismo y género‘ na Escola da Muller.
Dende 2005, traballa co Col·lectiu Punt 6, grupo multidisciplinar formado por Roser Casanovas, Adriana Ciocoletto, Zaida Muxí, Sara Ortíz e Blanca Gutiérrez, na implementación e aplicación da perspectiva de xénero no proxecto arquitectónico e urbano en diversos ámbitos: participación, formación, reivindicación e investigación.
+ Información: www.punt6.org

12 horas

ANA GALLEGO
TALLER DE ARQUITECTURA TÁCTIL; CORPO E ESPAZO
Arquitecta especialista en urbanismo pola ETSAC en 2003 e con posgrados en ‘Programa internacional de arquitectura‘ da Escola TKK de Helsinki e ‘Arquitectura efímera: arquitectura y artesania‘ da ETSAB. Actualmente imparte un obradoiro de arquitectura para grupos infantiles de altas capacidades intelectuais, no marco dun proxecto iniciativa do Departamento de Psicoloxía evolutiva da Facultade de Ciencias da Educación da USC e se atopa elaborando unha tese doctoral sobre ‘Fenomenoloxía e paisaxe‘. Forma parte do grupo de investigación Persona-Ambiente do Departamento de Psicoloxía da Unviersidade de A Coruña.
16:30 horas
JOANA COVELO + IAGO VALVERDE
SE FALARA O MONTE
Joana é arquitecta pola ETSAC en 2012, e complementou o seus estudos con becas en Palermo e Rio de Janeiro. En 2013 desenvolveu o seu primeiro proxecto en Vincios, ‘Cartografías Sensibles‘, e a finais de ese mismo ano é becada para facer unha investigación na Universidade Roma Tre. Actualmente traballa no estudo Castroferro (Vigo).
Iago Valverde, estudante de arquitectura na ETSAC. Dende 2012 colabora activamente en arquitecturadegalicia.eu, un proxecto de divulgación de arquitectura contemporánea, e en 2013 forma parte doproxecto ‘Cartografías Sensibles‘.
Haberá streaming de vídeo en directo: