Exposición fotográfica HARBIN-A CORUÑA: CRÓNICA VISUAL composta por unha selección de imaxes tomadas, os pasados meses de maio e xuño, por profesores e alumnos da nosa Escola, participantes no Joint Graduate Design Project entre a School of Architecture do HIT de Harbin (China) e a ETSAC.
Autores: Fernando Agrasar e Evaristo Zas, profesores. Jaime Álvarez, Alicia Balbás, Rocío Balsas, Sara Cidrás, Lucía Gómez, Laura Gómez, Pablo González, María Jovellanos, María López, Francisco Rincón, Jorge Rodríguez, Iria Súarez, alumnos.
Lugar: Espazo expositivo Andar O, ETSAC
Datas: novembro 2014 a xaneiro 2015
O CGAI en colaboración coa ETSAC presenta o ciclo de documentais de arquitectura, HEINZ EMIGHOLZ: ARQUITECTURA COMO AUTOBIOGRAFÍA.
Os distintos filmes serán presentados polos profesores da Escola de Arquitectura da Coruña: Luz Paz Agra, Fernando Agrasar Quiroga, Celestino García Braña, Emma López Bahut e Evaristo Zas Gómez.
As proxeccións terán lugar entre os día 18 e 21 de novembro de 2014, no CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, na rúa Durán Loriga, 10, A Coruña.
Entrada de balde para os alumnos da ETSAC coa presentación do carnet universitario
Máis información:
programación do CGAI novembro 2014
PROGRAMACIÓN DO CICLO:
martes, 18 de novembro
20:30h SULLIVAN´S BANKS (1993-2000). MAILLART´S BRIDGES (2001). TWO PROJECTS BY FREDERICK KIESPER (2006-09). Presentación: Luz Paz Agra e Xoán Mosquera
mércores, 19 de novembro
18:00h GOFF IN THE DESERT (2003). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga
20:30h SCHINDLER´S HOUSES (2006). Presentación: Emma López Bahut
xoves, 20 de novembro
18:00h PARABETON-PIER LUIGI NERVI AND ROMAN CONCRETE (2012). Presentación: Celestino García Braña
20:30h LOOS ORNAMENTAL (2008). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga
venres, 21 de novembro
18:00h PERRET IN FRANCE AND ALGERIA (2012). Presentación: Celestino García Braña
20:30h THE AIRSTRIP (2014). Presentación: Evaristo Zas Gómez
Obradoiro de orientación laboral na ETSAC: OS PRIMEIROS PASOS CARA AO MERCADO LABORAL
Inscripción de balde na dirección da ETSAC. Prazas limitadas.
Organiza: Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da UDC
Data: mércores 19 de novembro de 2014, 10:00-14:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Máis información: CartazlObradoiro_OrientacionLaboral_ETSArquitectura
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.
|
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. |
O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar (Campus de Elviña), terá lugar a actividade.
O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.
|
Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es
|
Primeiras xornadas de arquitectura nórdica na ETSAC adicadas a SUECIA.
Palestras e mesas redondas nas que intervirán: Fernando Agrasar Quiroga, Ingrid Campo Ruiz, Víctor López Cotelo, Daniel Fernández- Carracedo, Celestino García Braña e José Manuel López-Peláez.
Datas: 20 e 21 de novembro de 2014
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Organización: Zaida García Requejo e Pablo Rodríguez Rodríguez
A ETSAC celebra un acto de lembranza ao compañeiro XOSÉ PÉREZ FRANCO, arquitecto e profesor desta Escola.
Intervirán:
Fernando Agrasar (director da ETSAC), Xerardo Estévez (arquitecto e ex alcade de Santiago de Compostela), Francisco Leiro (escultor), Anxo Pastor (poeta e pintor), Felipe Peña (director do dpto. de Proxectos) e Paco Pestana (escultor)
Data: xoves 20 de novembro de 2014, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos. Edificio de departamentos da ETSAC.
Organización: Antonia Pérez Naya, Juan Manuel Doce Porto e Antonio Amado
Terceira proxección do ciclo CINEMASCAPES. Nesta ocasión correspóndelle ao filme ALICE IN DER STÄDTEN de Wim Wenders (1974).
Haberá un coloquio ao remate.
Organización: pARQc, grupo de investigación proxecto arquitectura e cidade
Data: venres 21 de novembro , ás 12:00h
Lugar: Especial 1, andar -1

Nova edición de CINETSAC, con novos títulos de películas que exploran a relación do cinema e a arquitectura
Comezando coa proxección de Playtime e rematando con Up.
Todos os martes do 21 de outubro ao 09 de decembro, ás 16:00h, no salón de actos da ETSAC.
Entrada de balde
Organiza: RETSAC
Solicitarase crédito de libre elección / extracurricular
Máis información: https://es-es.facebook.com/cinetsac
Palestra SCHINDLER na ETSAC. Premio Schindler España de arquitectura ás solucións de mobilidade e accesibilidade.
Schindler repartirá información comercial, así como un agasallo aos asistentes.
Data: venres 28 de novembro, ás 12.00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información:http://www.schindler.com/content/dam/web/es/pdf/Bases%20concurso%20Local%20Arquitectura%202014.2015%2C%20v1.pdf