A Fundación Barrié presenta na súa sede de A Coruña a exposición Compañeiros de oficio, unha reflexión sobre o papel que a arquitectura vernácula exerceu na obra de grandes mestres da arquitectura contemporánea.
A mostra, produción propia da Fundación e comisariada por Pedro de Llano, catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, pretende impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como pilar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os “artesáns” de onte e os “creadores” de hoxe, tal e como expresou, Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.
Poucos municipios de Galicia conservan unha pegada patrimonial medieval, e máis concretamente románica, tan interesante como o Concello de Arteixo. As igrexas conservadas proceden nalgúns casos de vellos mosteiros mentres outras son igrexas rurais, con numerosos restos do período románico, como ábsidas, fachadas, muros laterais, canecillos, xanelas e portadas. Épocas de prosperidade ou a simple necesidade de reparación, modificaron séculos despois o seu aspecto orixinal, sen que con eles perdesen o interese e o valor arquitectónico que tratamos de resaltar nesta mostra.
Coa colaboración do Concello de Arteixo e da Deputación Provincial da Coruña, o Departamento de Composición presenta esta montaxe expositiva, realizado por estudantes da ETSA, Doutoramento e Máster do Departamento, baixo a dirección dos profesores da Materia de Historia da arte.
O venres día 8 de febreiro ás 11:30 horas, no Salón de Graos do Edificio de Departamentos de ETS de Arquitectura, terá lugar o acto de lectura e defensa da Tese de Doutoramento de D. Santiago Tarrío Carrodeguas, titulada: “La Arquitectura de las Órdenes Mendicantes en Galicia. Análisis gráfico de los templos franciscanos” .
CONFERENCIA PFC:
“Proyecto de Ejecución: CTE. Parte I”
Antonio Raya de Blás
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 18 de febrero de 2013 16:00 h-17:30 h
Anúnciase a leitura e defensa da Tese de doutoramento: Arquitectura Termal en Portugal: En busqueda del Balneario Ideal presentada polo doutorando Don Rui Solla Soares de Lacerda.
Dirixida por Don Joaquin Fernández Madrid (Catedrático de Universidade da Universidade da Coruña) e Don Fernando Brandāo Alves (Doutor da Universidade de Porto)
O vindeiro sábado 23.02.2013 entre as 9:00 e as 14:00 realizarase o mantemento do centros de transformación e revisión de grupos electróxenos do edificio de departamentos sen carga real.
O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.
E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.
Un saúdo.
CONFERENCIA PFC:
“Proyecto de Ejecución: CTE DB SI”
José Luis Martínez Raído
Salón de Actos ETSAC
Lunes, 25 de febrero de 2013 16:00 h-17:30 h