Calendar

Mar
24
Ven
Testemuño de Ahmad Al Ahmad e Leticia Santaballa @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 24 @ 13:00 – 14:30
Testemuño de Ahmad Al Ahmad e Leticia Santaballa
A historia dun refuxiado sirio en A Coruña e dunha voluntaria en campos de refuxiados de Grecia
Como te sentirías se tiveses que abandonar a túa casa, a túa familia, o teu país, cruzar un mar enteiro nun bote en mal estado, e chegar a un país lonxano no que te meten nun campo onde non tes unhas condicións de vida dignas?
Eso mismo viviu Ahmad Al Ahmadrefuxiado sirio que chegou á Coruña hai cinco meses da man de Leticia Santaballa, psicológa e voluntaria nos campos de refuxiados de toda Grecia. Unha historia de sufrimento, medo, incertidume e esperanza que poderemos escoitar polas verbas dos seus protagonistas.
A súa travesía dende Siria ata Turquía, a viaxe por mar ata Grecia, a súa estancia nos campos de refuxiados e a labor como educadores dos nenos e nenas residentes nos campos, a súa viaxe ata España…unha historia que paga a pena escoitar.
Data: Venres, 24 de marzo de 2017
Hora: 13:00
Lugar: Salón de Actos da E.T.S de Arquitectura (Campus da Zapateira, A Coruña)
Mar
27
Lun
Palestra do profesor americano Brett Tippey sobre Richard Neutra / Lecture on Richard Neutra by prof. Brett Tippey @ Salón de actos da ETSAC / Lecture hall
Mar 27 @ 12:30

 

Palestra do profesor Brett Tippey, Kent State University (EUA), sobre “Richard Neutra en España: intercambio, colaboración, asimilación”

O evento celébrase grazas ao Programa de profesores visitantes procedentes de países de fala inglesa na UDC, Oficina de Relacións Internacionais.

Data: luns 27 de marzo de 2017, ás 12:30h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

Lecture by prof. Brett Tippey, Kent State University (USA) on “Richard Neutra in Spain: exchange, collaboration, assimilation”

We thank UDC International Office for supporting this event.

Date: Monday 27 March, 12:30pm

VenueLecture hall, ground floor

 

 

 

 

 

 

Mar
28
Mar
Palestra das profesoras turcas Polat, Ipek e Nuhoglu sobre Estambul / Lecture on Istanbul by Turkish prof. Polat, Ipek and Nuhoglu @ Aula especial 2, andar -1
Mar 28 @ 12:00 – 13:00

 

Palestra das profesores Tugba Erdil Polat, Eda Ipek e Senay Nuhoglu da Universidade Haliç de Estambul (Turquía) sobre “Grafiar o cambio cultural e a transformación social en áreas portuarias de Estambul: o caso dos distritos de Karaköy/Kemankes”

Data: martes 28 de marzo de 2017, ás 12:00h

Lugar: Aula Especial 2 da ETSAC, andar -1

 

Lecture by prof. Tugba Erdil Polat, prof. Eda Ipek and prof. Senay Nuhoglu, Haliç University (Istanbul, Turkey) on “Mapping cultural change and socio-spatial transformation in selected port areas of Istanbul: a case for Karakoy/Kemankes district”

Date: Tuesday March 28 at noon

Venue: Special classroom No. 2, level -1

 

Mar
29
Mér
Conferencia PFC: Proxectos de superificie. Juan Creus Andrade
Mar 29 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: Proxectos de superificie. Juan Creus Andrade

Conferencia PFC: Proxectos de superificie

Juan Creus Andrade

Mércores 29 de marzo 2017       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Abr
3
Lun
Actualización F ETSA C17 modificación de horarios académicos.
Abr 3 – Abr 6 all-day

En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” , “Grao en Estudos de Arquitectura” e “Máster Universitario en Arquitectura”.

A asistencia a clase será obrigatoria de acordo co especificado na guía docente de cada materia.

Descarga o arquivo en formato PDF

 

Abr
4
Mar
Palestra e debate: O futuro do litoral. Oportunidade ou distopía @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 4 @ 16:00

 

A iniciativa de alumnos da ETSAC, celébrase unha palestra e coloquio sobre “O futuro do litoral. Oportunidade ou distopía” na que intervirán tres arquitectos egresados da nosa Escola: Sonia Rodríguez, Iago Carro e Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña.

Data: martes 04 de abril 2017, ás 16:00h

Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0

Abr
18
Mar
Fabricación dixital con Rhinoceros e Grasshopper @ Obradoiro de fabricación dixital da ETSAC
Abr 18 @ 09:00 – Abr 25 @ 21:00
Abr
19
Mér
Mobilidade ETSAC 2017-18: reunión informativa para a elaboración dos contratos iniciais @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Abr 19 @ 13:00 – 14:00

 

Cónvocase a todos os alumnos ETSAC que participarán en mobilidades internacionais ou SICUE, no vindeiro curso 2017-18, a unha reunión para a elaboración dos contratos iniciais. Pola súa transcendencia a reunión é de OBRIGADA ASISTENCIA.

Data: mércores 19 de abril de 2017, ás 13:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Execución. Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC
Abr 19 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Execución. Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC:  A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Execución

Antonio Raya de Blas

Mércores, 19 de abril de 2017, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Abr
20
Xov
Cartografías téxtiles: exposición, obradoiro e palestra de Rosario Belda @ Palestra: salón de actos. Obradoiro: aula 2.10. Exposición: espazo expositivo andar 0
Abr 20 @ 12:00 – Xuñ 9 @ 23:00

 

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES é un proxecto artístico que Rosario Belda brinda á comunidade universitaria, consistente nunha palestra sobre a súa obra, unha exposición que recolle cinco dos seus traballos (Betanzos, A Foz, Yerbabuena, Báltico e Grassy) e un obradoiro aberto á participación de alumnos e docentes da ETSAC e doutras facultades da UDC.

As súas cartografías téxtiles son unha forma de interpretar a realidade, mapas reinventados con teas e fíos. Os resultados finais son visións persoais e creativas do lugar.

Rosario Belda parte da experiencia sensorial, tan usada durante a súa carreira como profesora, para crear mapas textís. A súa formación artística foi e é autodidacta, baseada nos seus intereses e no momento.

 

ABERTA INSCRIPCIÓN para o OBRADOIRO que se fará, por rigoroso orde de chegada, na dirección da ETSAC. O número de prazas está limitado a 15 persoas. A inscripción para o obradoiro é de balde. Os interesados levarán computadora persoal e materiais textís para compartir.

 

Datas e lugares:

-Palestra: xoves 20 de abril de 2017, ás 12:00h, no salón de actos da ETSAC

-Obradoiro: mércores e xoves, 03 e 04 de maio de 2017, 16:00h-19:30h, aula 2.10 ETSAC

-Exposición: inauguración 20 de abril de 2017, ás 12:00h

 

Máis información:

https://beldabelda.wordpress.com/category/textiles/

https://beldabelda.wordpress.com/category/mapas/