
Entrega de premios Fase Local 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”
Ás 12,30 horas do 27 de xullo de 2016, no Salón de Actos da ETSAC, entrega de premios da fase local da 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”
PRIMEIRO PREMIO
Lema – ALLGORA
SEGUNDO PREMIO
Lema – PAISAJE VERTICAL
TERCEIRO PREMIO:
Lema – THE SNAKE
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SETEMBRO 2016
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de agosto ás 14:00h
VENRES 2 DE SEPTEMBRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 5 DE SETEMBRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Acto de inicio de curso na ETSAC, 2016-17:
-11:30 para os alumnos de primeiro curso:
Benvida do director da ETSAC, Fernando Agrasar, e presentacións de servizos da escola a cargo de: Mayra Sanjuán, directora da biblioteca, Paula Fernández-Gago, coordinadora do PAT e representantes de alumnos
-12:30 para todos os alumnos e profesores da ETSAC:
Palestra do profesor Felipe Peña Pereda: SERVE PARA ALGO A ARQUITECTURA?
Data: mércores 07 de setembro
Lugar: Salón de actos da ETSAC
A ETSAC celebra este ano o Día Mundial do Hábitat con dúas palestras de profesores convidados da lusofonía:
-O profesor Luis Lage da Universidade E. Mondlane de Maputo (Mozambique) disertará sobre Os desafíos da habitación informal. O caso de Maputo
-A seguir a profesora Ana Gabriela Godinho Lima da Universidade Mackenzie de Sao Paulo (Brasil) falará sobre SP urban 95 projects
Data: luns 03 de outubro, 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
O escultor ENRIQUE SAAVEDRA falará da súa obra no contexto dunha reflexión sobre o lugar, a escala e o obxecto, que entronca cos traballos que se están a desenvolver no Obradoiro 5C.
Enrique Saavedra é o autor do emblemático “Monumento ao Voyeur”, sobre a Praia de Alba no Concello de Arteixo, que adquire novos significados por mor da recualificación da paisaxe nese tramo da costa e da construción do Porto Exterior en Punta Langosteira.
Organiza: PARQC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (P4|P5)