REUNIÓN 01: O vindeiro xoves 04 de febreiro, ás 12:00h, vaise celebrar no salón de actos da ETSAC unha reunión informativa para os estudantes do Campus da Zapateira que desexen participar na mobilidade internacional no curso 2016-17.
REUNIÓN 02: Ao día seguinte, venres 05 de febreiro, ás 12:00h, os estudantes, equipo de dirección da ETSAC e o novo coordinador de internacional, Evaristo Zas, manterán a nosa primeira reunión de contacto co fin de resolver dúbidas e tratar as especificidades da mobilidade en arquitectura.
A vosa asistencia ás dúas reunións é imprescindible!
Máis información: http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html
Jueves 11 de febrero a las 12:00h en el Salón de Actos de la ETSAC
Información importante sobre Talleres y matrícula PFG Bolonia 1 y TFM Bolonia 2
Asignación Talleres proyecto básico segundo cuatrimestre
Reunión informativa sobre desarrollo de los talleres del segundo cuatrimestre, convocatorias, fechas de entrega y asignación de talleres de proyecto básico que se inician
CONFERENCIA PFC: ESTRATEXIAS DENDE O LUGAR
Juan Creus Andrade
Mércores 17 de febreiro 2016 16:00h Salón de Actos
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións.
Evento (palestra + mesa redonda) cos gañadores, arquitectos egresados pola ETSAC, en diversas ubicacións da presente edición de EUROPAN 13, concurso internacional para novos arquitectos:
-A CORUÑA:
PRIMEIRO PREMIO: Juan Miguel Salgado Gómez, Luis Manuel Santalla Blanco, Yago Liste Quintela, Alba González Vilar e Vanesa Veira Castro. Colaboradores: David Domínguez, Ander Bados Sesma e Antonio Antequera Reviriego
SEGUNDO PREMIO: Nuria Prieto González, Diego Lucio Barral, Omar Curros Simón, Ángel Montero Pérez e Hugo Malvar Álvarez
-VARSOVIA:
PRIMEIRO PREMIO: Fernando Eiroa, Jorge García Anta e Alberto Seoane Sesar
-SANTO TIRSO:
MENCIÓN ESPECIAL: Fernando Eiroa, Jorge García Anta e Alberto Seoane Sesar
-XENEBRA:
PRIMEIRO PREMIO: Yony Santos, Mounir Ayoub, Nuria Fernández e Vanessa Lacaille
Na mesa redonda intervirán unha representación de cada equipo gañador na presente edición Europan e arquitectos gañadores en edicións anteriores como Patricia Muñiz e Luciano G. Alfaya, egresados tamén pola Escola e os profesores María Carreiro, Cándido López, Xan Casabella e Pablo Gallego.
Data: venres 19 de febreiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos, andar 0, ETSAC
Emisión streaming: https://www.youtube.com/watch?v=uvv0mFR76Is&feature=youtu.be
A ETSAC en colaboración coa empresa Iscar organiza un curso de SketchUp Pro niveis 1 e 2.
A vindeira semana a ETSAC albergará a XXI edición do Obradoiro Internacional IACOBUS 2016. Este ano o traballo estará vencellado ao obradoiro 3 de PFC e terá como tema “Ourense, cidade termal”, propoñéndose intervir na rexeneración dunha área do río Barbaña preto das Burgas, cun porgrama de balneario, hotel e restaurante que inclúe a rehabilitación do edificio do antigo cárcere e a casa de baños de Outeiro.
No obradoiro participarán 21 alumnos e 4 profesores da ENSA de Clermont-Ferrand (Francia), 16 alumnos e 2 profesores da OTH de Ratisbona (Alemaña), ademáis dos 15 alumnos e o profesorado do obradoiro 3 da ETSAC.
Datas: 29 de febreiro ao 04 de marzo, cunha exposición final dos traballos desta semana
Conferencia PFC: Proxecto Básico.
Condicións CTE. Incendios. Seguridades de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 2 de marzo de 2016, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura