VLADIMIR LENINE
UNHA VISIÓN DAS ARQUITECTURAS (E ALGO +) DA CIDADE DE MAPUTO A TRAVÉS DUN PERCORRIDO POLA AVENIDA DE VLADIMIR LENINE
Percorrendo os 6.17 quilómetros da avenida disecciónase con obxectividade forense a complexidade dunha capital da África subsahariana.
A exposición, de humilde materialidade, quere simular na Biblioteca da ETSAC aquel percurso.
Fotografía, deseño e produción: Plácido Lizancos.
Na Área de Exposicións da biblioteca da ETSAC, dende o 25 de abril
O venres 25 de abril, ás 12:00h, vaise celebrar na aula E-1 da ETSAC a presentación das propostas para o Museo de Regensburg que temos expostas no andar 0 da ETSAC e na que participaron equipas lideradas por profesores da nosa Escola que estarán presente neste acto:
-Creus+Carrasco
-Rodríguez Blanco, Martínez Raído, Sinaldaba e Pena Auge
-Cristóbal Crespo, LAAV

Proxecto Ríos – Inspección de primavera.
Data: 29 de abril ás 16.30h
Punto de encontro: porta da Fac. de Economía e Empresa
O 29 de abril levarase a cabo a inspección de primavera do Proxecto Ríos no Lagar, río que discorre polo campus. O treito inspeccionado será o situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña.
En cada curso realizamos dúas inspeccións para coñecer a calidade do noso río, xa fixemos a de outono e agora realizaremos a de primavera. Nesta actividade contaremos con Paco Bañobre , educador do Proxecto Ríos-ADEGA, que nos explicará a metodoloxía a seguir.
Achégate e colabora con nós na conservación do ecosistema fluvial do campus. Tamén podes achegarte para coñecer este proxecto de voluntariado e formar un grupo de inspección na túa zona ou no río que escollas.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa en defensa dos ríos de Galiza, que permite coñecer e mellorar o estado dos distintos ríos co obxecto de responsabilizarse destes, tanto a nivel local coma municipal.
Desde a Oficina de Medio Ambiente da UDC convidámosvos a participar nesta actividade o próximo 29 de abril no río Lagar.
Ligazóns
Ademais das habituais poñer a de proxecto rios www.proxectorios.org
Máis información:
-Blog: http://
medioambienteudc.blogspot.com. es/
-Facebook: https://www.facebook.com/
pages/Oficina-de-Medio- Ambiente-UDC
-Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC
Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.
Organiza: RETSAC
Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac
Palestra do sociólogo Carlos Lles no Mestrado de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, MAPJV: Espazos públicos e usuarios. Intervencións recentes en Madrid.
Un ano máis celébrase a xornada académica e reinvindicativa UDC NA RÚA.
O mércores 30 de abril as aulas da UDC saen ás rúas da Coruña. Unha chea de aulas de arquitectura e doutras disciplinas.
PARTICIPA!!!
Máis información: https://www.facebook.com/events/673621082698765/?ref_dashboard_filter=upcoming
O vindeiro día 05 de maio de 2014, ás 12:00h, vai ter lugar un acto homenaxe a MARÍA DEL MILAGRO REY HOMBRE, doutora arquitecta e profesora do Departamento de Construcións Arquitectónicas ata o seu falecemento.
No mesmo intervirán as profesoras da ETSAC: María Carreiro, Paula Fernández-Gago e Inés Pernas. O acto estará presentado polo director da Escola, Fernando Agrasar.
Como preámbulo, presentaranse os resultados do proxecto MAGA, con especial atención aos datos relativos á presenza das mulleres na nosa Escola de Arquitectura.
Organiza: MAGA
Máis información: