Calendar

Mar
29
Ven
Entradas dispoñibles para o alumnado da ETSAC. Gala de entrega XVIII Premios COAG en Ferrol @ Teatro Jofre
Mar 29 @ 20:00 – 22:00

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo ha disposición do alumnado da ETSAC, 31 entradas para acceder á Gala de entrega dos XVII Premios COAG que se celebrará en Ferrol este próximo venres 29 de marzo a partir das 20:00.

As entradas están dispoñibles na secretaría de dirección da ETSAC e poderán ser retiradas previa identificación.

Ante a gran demanda de entradas existente entre o colectivo profesional, aquelas que non fosen retiradas ás 12:00 h. do próximo xoves 28 de marzo retornaranse ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao que queremos agradecer a súa deferencia para posibilitar que o alumnado da ETSAC poida estar presente na gala.

A Dirección da Escola.

 

Abr
3
Mér
BAUHAUS100jahre @ Vestíbulo ETSAC
Abr 3 @ 12:00 – 13:00

Vístete de miembro de Bauhaus y acompáñanos

Mai
9
Xov
#GaliciaBIM2019 a ETSAC participa no encontro organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia @ Sede ITG A Coruña
Mai 9 @ 10:00 – 20:00

O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.

Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.

A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.

Asistencia gratuíta previa inscrición 

Xuñ
20
Xov
UNISCAPE EN-ROUTE International Seminar “Inherited, Built, Lived Landscapes” A Coruña 20-22 2019
Xuñ 20 – Xuñ 22 all-day

NOVA DATA PARA O ENVÍO DE RESUMOS: 22 ABRIL 2019?

+ info UNISCAPE En-Route Coruña2019

Contidos
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as
pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa  necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as  dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Este Seminario estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:

  • LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da
    paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
  • LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de
    xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
  • LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da
    actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.

Estrutura e programa xeral
O seminario levarase a cabo durante tres días, do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de
Belas Artes da Coruña. Ó ser un Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de
Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe). Os idiomas admitidos serán o español e o inglés, e as presentacións das notas dos oradores seleccionados desenrolaranse a partir dunha convocatoria de resumes coordinada polo comité científico.

Xuñ
21
Ven
Spatial Computing. Como levar o teu modelo BIM a OBRA
Xuñ 21 @ 11:00 – 15:00

SPATIAL COMPUTING. Como levar o teu modelo BIM a Obra
Integración de BIM con Realidade virtual e Realidade Aumentada. Experiencia inmersiva.

Ivan Gómez CEO de Vt- lab empresa especilaizada en solucións de produtividade integrando BIM EN REALIDADE VIRTUAL E REALIDADE AUMENTADA, explicaranos como está a estado da arte en canto á tecnoloxía de Realidade virtual e Aumentada e como aplicala nos proxectos BIM , en todas as fases do ciclo de vida dun activo , facendo especial fincapé na súa aplicación en obra.

IMPORTANTE: ao finalizar teremos todos a ocasión de probar distintos dispositivos de Realidade virtual e Realidade Aumentada con distintas aplicacións desenvoltas por vt- lab. Unha experiencia inmersiva

 

Xul
18
Xov
Reunión informativa: itinerarios para a finalización dos estudos en Boloña 1 e Boloña 2. B1.PFG – B2.TFG – B2.TFM @ Salón de actos. ETSAC
Xul 18 @ 11:00 – 13:00

Alumnos matriculados ou preinscritos en B1.PFG / B2.TFG / B2.PFM e en xeral a todo o alumnados dos últimos cursos das titulaciones impartidas na ETSAC

Ligazón  ao documento informativo (pdf)

No curso 2019-20  excepto o PFG, non haberá docencia presencial na titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola, convocamos aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao. 30 ECTS
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao. 6 ECTS
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster. 30 ECTS

Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres, o procedemento de asignación dos mesmos, e informarase das datas de defensa para o curso 2019-20.

Ligazón ao documento informativo (pdf)

Xul
23
Mar
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 23 xullo 2019 @ Salón de Grados. Edificio Departamentos. ETSAC
Xul 23 @ 11:30 – 13:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 11:30h do martes 23.07.2019 segundo o seguinte orde:

Ago
1
Xov
AVISO: Mantemento Centros de Transformación nos edificios da ETSAC
Ago 1 @ 15:00 – Ago 2 @ 12:00

O servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamento da UDC comunica a realización dos mantementos nos centros de transformación para probas en carga de grupos electróxenos no verán de 2019.

  • 01.08.2019 – 15:00 ETSAC

  • 02.08.2019 – 9:00 Edificio Departamentos ETSAC

Establecéronse uns horarios de ocupación, en moitos casos de mañá dado que é recomendable unha vez ao ano probar o grupo con demanda eléctrica e facer unha proba real do seu funcionamento en caso de corte eléctrico da rede externa, eliximos horarios e calendarios que entendemos pouco críticos. Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas dende a hora de comezo establecida na taboa, salvo nos centros que se establece un rango horario, e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo electróxeno de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede todos los equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

O noso centro non ten un intervalo definido motivado pola necesidade de acometer algunha reparación de mantemento cunha duración superior ás 2 horas.

Set
9
Lun
Información de interese para o inicio do curso. (resolución solicitudes cambio de grupo)
Set 9 @ 09:00 – Set 30 @ 10:00

Inicio das actividades académicas: 9 de setembro de 2019