Calendar

Xuñ
1
Ven
Iacobus: final jury @ ETSAC
Xuñ 1 @ 09:30 – 14:30

 

 

Esta actividade congrega a un total de 56 alumnos procedentes das Escolas de Arquitectura de Clermont-Ferrand (ENSACF – 37 alumnos), OTH de Ratisbona (9 alumnos), NUACA de Ereván (Armenia, 4 alumnos) e A Coruña (6 alumnos), ademais de profesores e representantes institucionais das entidades participantes. Os alumnos realizan as súas propostas sobre o Stadtlagerhaus Regensburg, un antigo sistema de silos no porto fluvial do Danubio en Ratisbona, actualmente aínda en uso. A intención das autoridades municipais, en colaboración coa Autoridade Portuaria, é converter ese ámbito nunha zona de servizos culturais para a cidade. Os alumnos propoñen un centro para a integración das Artes e a Cultura, nun programa moi aberto que busca, por unha banda, a asimilación do Patrimonio Industrial e, pola outra, a integración de refuxiados e desprazados a través das oportunidades que ofrece invitalos á sociedade a través da cultura.

Presentaranse un total de 26 proxectos, nunha xornada que ocupará ata as 9 da tarde. Ademais de destacar catro proxectos, un por Escola, otorgarase o Premio Rafael Baltar ao proxecto que, a xuízo do xurado internacional encargado de valoralos, teña máis calidade. O premio fai honra ao catedrático de Proxectos Arquitectónicos da UDC, Rafael Baltar, impulsor do convenio de colaboración IACOBUS que – dende os seus inicios en 1995 – leva xa 23 edicións consecutivas.

A presentación da xornada correrá a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde, o director da ETSAC, Fernando Agrasar, o profesor da UDC Felipe Peña, a coordinadora da NUACA de Ereván Emma Harutyunyan, o director da OTH – Arquitectura de Ratisbona, Andreas Emminger e o coordinador da ENSACF de Clermont-Ferrand Yvon Cottier.

 

 

Xuñ
11
Lun
Cursos de capacitación Obradoiro de Fabricación dixital OfabdaETSAC. Impresión 3D e corte Láser
Xuñ 11 @ 16:00 – Xuñ 12 @ 13:00

A dirección da ETSAC organiza dous cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e as impresoras dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.

Curso gratuíto de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC

Fíxase en 10 alumnos o número máximo de asistentes a cada curso. Mais información no formulario de inscrición

Formulario de pre-inscrición

Xuñ
22
Ven
Convocatoria Defensa TFG Grao en Estudos de Arquitectura. 22 xuño 2018 @ Salón de Graos. Edificio Departamentos ETSAC
Xuñ 22 @ 09:00 – 14:00

Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 22.06.2018

Tribunal:

Presidenta:  Amparo Casares Gallego

Vogal:           Antonia Pérez Naya

Secretaria:   Luz Paz Agras

A dirección do centro, A Coruña, 13.06.2018

Xul
24
Mar
Itinerarios para la finalización dos estudios en Boloña 1 e Boloña 2 @ Aula Especial 1. ETSAC
Xul 24 @ 12:30 – 14:30

No próximo curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no cuarto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola entendemos conveniente convocar aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.

  • Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
  • Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
  • Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster

Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres para o próximo curso académico así como sobre as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro o pasado mércores 11 de xullo

Se queres que se trate un tema de forma específica ou queres obter resposta a unha pregunta determinada agradecémosche que deixes un comentario nesta entrada.

*Nesta reunión non se tratarán temas que afecten os alumnos que se incorporan ao primeiro curso da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no curso académico 2018-19

Xul
26
Xov
“ORGANIZACIÓN DE GRUPOS” Curso capacitación @OFABdaETSAC Corte Láser 26.07.2018
Xul 26 @ 10:00 – 13:00

PRAZAS ESGOTADAS. ORGANIZACIÓN DE GRUPOS

Á vista do número de solicitudes recibidas e para optimizar os tempos de aprendizaxe debemos establecer dúas sesións para o vindeiro xoves:

  • 9:15 a 11:45 alumnos matriculados en Proxecto Fin de Grao. Grao en Arquitectura
  • 12:00 a 14:30 alumnos matrículados no resto de titulacións que se imparten na ETSAC

Rogámosvos unha puntualidade estrita no cumprimento dos horarios de inicio indicados para optimizar o tempo ao máximo.

 

A dirección da Escola de Arquitectura e 0FABdaETSAC organiza periódicamente cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e outras máquinas  dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.

Nesta ocasión publicítase un curso gratuito de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura.
Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC

Formulario de inscrición (prazo de preinscrición finalizado)

 

Set
10
Lun
Conferencia inaugural curso 2018-19: Gabriel Santos Zas “La mano del arquitecto” @ Salón de Actos. ETSAC
Set 10 @ 12:00 – 13:00
Conferencia inaugural curso 2018-19: Gabriel Santos Zas "La mano del arquitecto" @ Salón de Actos. ETSAC

Gabriel Santos Zas: “La mano del arquitecto”

Dentro da Xornada de acollida para os novos alumnos da ETSAC do curso 2018-19 contaremos coa conferencia inaugural:

“La mano del arquitecto” impartida por Gabriel Santos Zas

Data: luns, 10 de setembro de 2018, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Set
12
Mér
Conferencia PFC: “Ferramentas dixitais como apoio ao PFC” José Antonio Vázquez Rodríguez @ Salón de Actos. ETSAC
Set 12 @ 16:00 – 18:00

16:00h. “Ferramentas dixitais de apoio ao PFC” José Antonio Vázquez Rodríguez

Resumen da presentación e documentos de axuda (solo dominio UDC).

 

Set
19
Mér
Conferencia: Contexto Guatemala, dereito a un hábitat digno @ Salón de <actos. Edificio Departamentos. ETSAC
Set 19 @ 12:00 – 14:00
Conferencia: Contexto Guatemala, dereito a un hábitat digno @ Salón de <actos. Edificio Departamentos. ETSAC

Conferencia: Contexto Guatemala, dereito a un hábitat digno

Impartida por Arquitectura sen Fronteiras (ASF)

Será proxectado o vídeo: “El derecho a un Techito”, que mostra o traballo de Arquitectura sen Fronteiras en Guatemala durante os últimos 20 anos

A conferencia está aberta a toda a comunidade universitaria da UDC

SALÓN DE ACTOS

Conferencia PFC: Arquitectura e sostenibilidade. Jorge Rodríguez Álvarez @ Salón de Actos ETSAC
Set 19 @ 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: Arquitectura e sostenibilidade. Jorge Rodríguez Álvarez @ Salón de Actos ETSAC

Conferencia PFC: Arquitectura e sostenibilidade.

Jorge Rodríguez Álvarez

Mércores 19 de setembro 2019       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións.