
Conferencias na ETSAC dentro das Xornadas de Bioconstrución OMA-UDC
06 de marzo, Salón de Actos da ETS de Arquitectura (A Zapateira)
- 12:00 h “Outra forma de vivenda: maneiras de habitar respectuosas co entorno e as persoas“
Iria Brandariz, arquitecta en Hábitat Social e Rosalidia Álvarez, arquitecta.
- 13:00 h “Rehabilitación de vivenda fronte ao cambio climático“
Santiago Pintos, arquitecto e profesor do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da ETSAC-UDC
Deseño estrutural con OPEN BIM: do modelo arquitectónico ao analise estrutural cun motor de cálculo de última xeración. 15 marz0 2018. ETSAC. Aberto a todos os interesados.
StruBIM Analysis ten integrado OpenSees, un motor de cálculo de recoñecido prestixio desenvolvido pola Universidade de California: Berkeley, para realizar cálculos complexos de xeito eficiente.

O vindeiro mércores 21 de marzo de 2018 ás 17:00, realizaremos unha visita á empresa Norvento do arquitecto Francisco Mangado. Coñeceremos o Centro de Innovación Norvento Enerxía, unha contorna de Enerxía Cero, a súa nova sede en Lugo, desconectada da rede eléctrica e 100% renovable.
Atoparémonos á 17:00 na entrada de NORVENTO LUGO:
Edif. CIne – Rúa Ramón Mª Aller Ulloa 23
Pol. As Gándaras
27003 Lugo
+ información: https://www.norvento.com/edificios-de-energia-cero/
A visita está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
O próximo mércores 4 de abril ás 11.30h desenvolverase unha charla coloquio con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O título da charla é “Pensa en Verde” cara a unha infraestrutura verde, no Salón de Actos da ETSAC.
En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” “Grao en Estudos de Arquitectura” e “Máster Universitario en Arquitectura”
Descarga o arquivo en formato PDF
A Dirección da ETSAC