Calendar

Feb
8
Mér
¡¡¡ATENCIÓN!!! ANULADA Conferencia PFC: “Coñecer para proxectar”. Sada. Xosé Lois Martínez Suárez @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 8 @ 16:00 – 19:00
¡¡¡ATENCIÓN!!! ANULADA Conferencia PFC: "Coñecer para proxectar". Sada. Xosé Lois Martínez Suárez @ Salón de Actos. ETSAC

ANULADA Conferencia PFC: “Coñecer para proxectar”. Sada

Xosé Lois Martínez Suárez

Mércores 8 de xaneiro de 2017       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
10
Ven
Novos arquitectos ETSAC 2016: acto académico + palestra @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 10 @ 12:00

 

O vindeiro venres 10 de febreiro celebraremos por terceira vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2016, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra dos nosos convidados, nesta ocasión aceboXalonso. Os arquitectos VICTORIA ACEBO e ÁNGEL ALONSO recollen o relevo do catalán Toni Gironés e do portugués Joao Mendes Ribeiro.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2016, mentras escoitamos ao dúo de jazz Pablo Añón e Rubén Deschamps.

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados!

 

 

Feb
13
Lun
Por amor á arte: seminario sobre investigación en Teoría da Arquitectura @ Sala de xuntas, edificio de departamentos da ETSAC
Feb 13 @ 11:00

 

Por amor á arte é un seminario sobre investigación en Teoría da Arquitectura, aberto a todos os investigadores da ETSAC.

Presentación: Fernando Agrasar, director da ETSAC

Data: luns 13 de febreiro 2017, ás 11:00h

Lugar: Sala de xuntas, edificio de departamentos da ETSAC

Máis información: Seminario PAA

Feb
15
Mér
Conferencia PFC: “Excavacións e cimentacións”. Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 15 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC:  “Excavacións e cimentacións”.  Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC:

“Excavacións e cimentacións”

Juan Pérez Valcárcel

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 15 de marzo de 2017       16:00 h-19:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
16
Xov
Palestra do profesor Juan B. Pérez Valcárcel sobre estrutura e ideación proxectual @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 16 @ 16:00

 

Palestra do profesor da ETSAC Juan B. Pérez Valcárcel sobre estruturas e ideación proxectual. O evento, organizado pola materia Proxectos 1, está aberto ao público.

Data: xoves 16 de febreiro de 2017, ás 16:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Feb
22
Mér
Conferencia PFC: “O plano do cadro: afirmación da planta” Fernando Blanco Guerra @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 22 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: “O plano do cadro: afirmación da planta” Fernando Blanco Guerra @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC:

“O plano do cadro: afirmación da planta”

Fernando Blanco Guerra

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 22 de marzo de 2017       16:00 h-19:00 h

Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
23
Xov
Palestra do XXVII Concurso PLADUR: rehabilitar para habitar @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 23 @ 12:00 – 14:00

 

Palestra na ETSAC sobre o Concurso PLADUR: rehabilitar para habitar, na súa XXVII edición, espazos habitables na cidade do Porto (Portugal).

Falarán: Natalia Agromayor e Mauricio Reboreda. Sistemas de particións lixeiras e illamento acústico DB-HR.

Data: xoves 23 de febreiro de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información: http://www.rehabilitarparahabitar.com/

Feb
28
Mar
Concurso “A Madeira como material nos PFC, PFG e TFM da ETSAC” @ Secretaría de dirección de la ETSAC
Feb 28 @ 09:00 – Mar 21 @ 14:00

Confemadera e o grupo de investigación *Gem da Universidade da Coruña convocan estes premios co obxectivo de fomentar o coñecemento e potenciar o uso da madeira nas súas diversas formas como *manterial singular no campo da Arquitectura.
O premio pretende o desenvolvemento dunha proposta viable, na que as solucións formais, técnicas e construtivas fosen o resultado dun traballo de reflexión persoal, favorecendo así o adecuado uso da madeira desde a súa incorporación no proxecto de Arquitectura.
Poderán optar todos os Proxectos Fin de Carreira, Grao ou Máster das titulacións impartidas na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, que presentasen os seus traballos nalgunha das convocatorias realizadas entre xaneiro de 2015 e decembro de 2017, obtendo unha cualificación favorable por parte do tribunal.

Establécense dúas categorías, cada unha dotada con primeiro e segundo premio:
A madeira como material estrutural.
A madeira como material na Arquitectura.

Data límite: Na secretaría de dirección da ETSAC (plano 0) non máis tarde das 14:00h. do martes 28.02.2017. venres 3 de marzo de 2017

Enlace a las bases del concurso

Entrega: En la secretaría de dirección de la ETSAC (planta 0) no más tarde de las 14:00h. del martes 28.02.2017. viernes 3 de marzo de 2017

Mar
3
Ven
Acto de defensa do Traballo Fin de Grao. Grao en Estudos de Arquitectura
Mar 3 @ 09:30 – 20:30
Palestra: “Escolas de morfoloxía urbana. Obra recente” Vítor Oliveira @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 3 @ 10:00 – 12:00
Palestra: "Escolas de morfoloxía urbana. Obra recente" Vítor Oliveira @ Salón de Actos. ETSAC

Palestra: “Escolas de morfoloxía urbana. Obra recente” Vítor Oliveira

Lugar: Salón de Actos ETSAC

Data: 3 de marzo de 2017    10:00h

Palestra adicada a toda a comunidade deste centro.