Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Costa de Sousa: “O impacto dalgúns arquitectos do norte de Portugal no panorama da arquitectura contemporánea”
Director: José Antonio Franco Taboada
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Begoña Ces Fernández: “Os efectos do seísmo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia”.
Dirección: Ramón Yzquierdo Perrín
Titor: José Ramón Soraluce Blond
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:30h.
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Pablo Daniel García Carrillo: “Desenvolvemento dun sistema para a integración das instalacións na construción con fábrica vista de bloque de formigón”
Director: Joaquín Fernández Madrid
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 12:00h
Lugar: Aula Mestrados, edificio departamentos ETSAC, andar -2
O vindeiro venres 18 de decembro celebraremos por segunda vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2015, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o presente ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, actual vicerreitor e próximo reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.
Seguirá unha palestra do noso convidado, nesta ocasión JOAO MENDES RIBEIRO. O arquitecto luso recolle o relevo do catalán Toni Gironés.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2015.
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Lectura da tese de doutoramento de Ángel José Fernández Álvarez: “A arquitectura como interface. O paradigma informacional na nova arquitectura”.
Director da tese: José Antonio Franco Taboada
Data: luns 21 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Miguel Ángel Calvo Salve: “A experiencia da arquitectura de Marcel Breuer. Presenzas, materias, estruturas e composición”
Directora da tese: María Carreiro Otero
Tribunal: Carmen Espegel Alonso (presidenta), María Calado Marques (vogal) e José Ramón Alonso Pereira (secretario)
Data: luns 21 de decembro de 2015, ás 11:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Valentín B. Souto García: “As construcións como obxecto tributario”
Director: José Ramón Alonso Pereira
Data: martes 22 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Luiz Carlos Zurbaran: “O problema da razón e da racionalidade na arquitectura moderna. Tipos de racionalidade na arquitectura moderna. Dos métodos aristotélicos á intuición en Oscar Niemeyer”
Director: Juan Manuel Franco Taboada
Data: luns 11 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Barreiro Roca: “Técnica, tipoloxía e análise da carpintería de armar nas estruturas de madeira das edificacións históricas en Galicia dende a Idade Media a partir dunha análise da evolución dos elementos estruturais e dos motivos técnicos”
Director da tese: Juan Bautista Pérez Valcárcel
Data: xoves, 14 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC