Palestra de ÁNGEL BERNA sobre “A produción social do hábitat en Guatemala”, organizada por Arquitectos sen Fronteiras, ASF.
Data: mércores 25 de marzo de 2015, ás 16:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Nova edición do ciclo de cinema CINETSAC para o segundo cuadrimestre d0 curso 2014-15 que nos trae clásicos do cinema en relación coa arquitectura como: O apartamento, Os Blanding xa teñen casa e outros exemplos máis recentes como Medianeiras ou Grande hotel Budapest.
Solicítase un crédito de libre configuración

Palestra PLADUR sobre sistemas de tabiquería lixeira na ETSAC.
Poñente: Israel Feito, xefe de asistencia técnica de Pladur
Data: mércores 08 de abril, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
A conmemoración en 2015 do cincuentenario do pasamento de Le Corbusier (1887-1965), sen dúbida o mestre mais importante da arquitectura do século XX, fai do ano 2015 un verdadeiro ano corbusieriano, e da lugar a toda unha serie de estudos, investigacións e simposios nos diferentes ámbitos arquitectónicos tanto do noso país coma internacionais.
A influencia de Le Corbusier esténdese aínda agora sobre a arquitectura de Galicia, o que permite e aconsella dedicar esta edición das xornadas MODERNIDADE E CONTEMPORANEIDADE a analizar e revisar o legado corbusieriano dende a Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Proponse, pois, a celebración na Escola dunhas xornadas centradas neste tema, en se mesmo e no seu reflexo na produción dos arquitectos que están a desenvolver a súa práctica profesional de xeito comprometido no país.
Durante dous días, os arquitectos e investigadores invitados debaterán a traxectoria da MODERNIDADE e as bases da CONTEMPORANEIDADE da arquitectura en Galicia, manifestando as presenzas e ausencias do legado corbusieriano, a visión do noso territorio e a identidade da nosa arquitectura. Concluirase cunha mesa redonda na que esperamos os aportes e as intervencións de todos os participantes.
Nova edición do ciclo de cinema CINETSAC para o segundo cuadrimestre d0 curso 2014-15 que nos trae clásicos do cinema en relación coa arquitectura como: O apartamento, Os Blanding xa teñen casa e outros exemplos máis recentes como Medianeiras ou Grande hotel Budapest.
Solicítase un crédito de libre configuración
Palestra da arquitecta paisaxista Cruz Calleja sobre INFRAESTRUTURAS VERDES no Obradoiro 06.
Data: mércores 15 de abril, ás 10:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Organiza: GCeT, grupo de investigación Galicia, Cidade e Territorio
O xoves 16 de abril, ás 18:00h, inaugúrase o ESPAZO DALDA na ETSAC cos fondos doados da biblioteca e o arquivo do profesor Juan Luís Dalda.
Servirase un viño e contaremos coa actuación do cuarteto de jazz Afternoon snack.
Máis información: Invitación Espazo Dalda

O próximo venres 17 ás 12 horas, terá lugar no Salón de Actos da ETS Arquitectura da UDC, a conferencia de Yayo Herrero, “Propuestas ecofeministas ante la crisis globalizadora” que forma parte do Seminario Hábitat a Escala Humana financiado pola Cooperación Galega dentro dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento.
CONFERENCIA PFC:
“Proxecto de Execución: CTE. Parte II”
Antonio Raya de Blas
Salón de Actos ETSAC
Luns, 20 de abril de 2015 16:00 h-17:30 h