Calendar

Nov
17
Lun
Exposición fotográfica na ETSAC: Harbin-A Coruña, crónica visual @ Espazo expositivo Andar 0, ETSAC
Nov 17 2014 – Xan 31 2015 all-day

Exposición fotográfica HARBIN-A CORUÑA: CRÓNICA VISUAL composta por unha selección de imaxes tomadas, os pasados meses de maio e xuño, por profesores e alumnos da nosa Escola, participantes no Joint Graduate Design Project entre a School of Architecture do HIT de Harbin (China) e a ETSAC.

Autores: Fernando Agrasar e Evaristo Zas, profesores. Jaime Álvarez, Alicia Balbás, Rocío Balsas, Sara Cidrás, Lucía Gómez, Laura Gómez, Pablo González, María Jovellanos, María López, Francisco Rincón, Jorge Rodríguez, Iria Súarez, alumnos.

Lugar: Espazo expositivo Andar O, ETSAC

Datas: novembro 2014 a xaneiro 2015

 

harbinphoto_2

harbinposter_1

harbinfoto_5

 

Nov
18
Mar
Cinema de arquitectura no CGAI: HEINZ EMIGHOLZ, arquitectura como autobiografía @ CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe
Nov 18 – Nov 21 all-day

emigholz_1

O CGAI en colaboración coa ETSAC presenta o ciclo de documentais de arquitectura, HEINZ EMIGHOLZ: ARQUITECTURA COMO AUTOBIOGRAFÍA.

Os distintos filmes serán presentados polos profesores da Escola de Arquitectura da Coruña: Luz Paz Agra, Fernando Agrasar Quiroga, Celestino García Braña, Emma López Bahut e Evaristo Zas Gómez.

As proxeccións terán lugar entre os día 18 e 21 de novembro de 2014, no CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, na rúa Durán Loriga, 10, A Coruña.

Entrada de balde para os alumnos da ETSAC coa presentación do carnet universitario

Máis información:

programación do CGAI novembro 2014

cartaz

 

PROGRAMACIÓN DO CICLO:

 

martes, 18 de novembro

20:30h SULLIVAN´S BANKS (1993-2000). MAILLART´S BRIDGES (2001). TWO PROJECTS BY FREDERICK KIESPER (2006-09). Presentación: Luz Paz Agra e Xoán Mosquera

 

mércores, 19 de novembro

18:00h GOFF IN THE DESERT (2003). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga

20:30h SCHINDLER´S HOUSES (2006). Presentación: Emma López Bahut

 

xoves, 20 de novembro

18:00h PARABETON-PIER LUIGI NERVI AND ROMAN CONCRETE (2012). Presentación: Celestino García Braña

20:30h LOOS ORNAMENTAL (2008). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga

 

venres, 21 de novembro

18:00h PERRET IN FRANCE AND ALGERIA (2012). Presentación: Celestino García Braña

20:30h THE AIRSTRIP (2014). Presentación: Evaristo Zas Gómez

Palestra PORCELANOSA na ETSAC: acabados e revestimentos @ Salón de actos, andar 0, ETSAC
Nov 18 @ 11:00 – 12:00

Palestra de Porcelanosa sobre ACABADOS E REVESTIMENTOS na ETSAC.

Data: martes 18 de novembro, ás 11:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

porcelanosa_2

 

Nova edición de CINETSAC
Nov 18 @ 18:00 – 20:00

Nova edición de CINETSAC, con novos títulos de películas que exploran a relación do cinema e a arquitectura

Comezando coa proxección de Playtime e rematando con Up.

Todos os martes do 21 de outubro ao 09 de decembro, ás 16:00h, no salón de actos da ETSAC.

Entrada de balde

Organiza: RETSAC

Solicitarase crédito de libre elección / extracurricular

Máis información: https://es-es.facebook.com/cinetsac

cinetsac_0

Nov
19
Mér
Obradoiro de orientación laboral na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 19 @ 10:00 – 14:00

obradoiroorientaciónlaboral_1

Obradoiro de orientación laboral na ETSAC: OS PRIMEIROS PASOS CARA AO MERCADO LABORAL

Inscripción de balde na dirección da ETSAC. Prazas limitadas.

Organiza: Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da UDC

Data: mércores 19 de novembro de 2014, 10:00-14:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC

Máis información: CartazlObradoiro_OrientacionLaboral_ETSArquitectura

 

 

obradoiroorientaciónlaboral_2

Actividade Proxecto Ríos @ Porta da Facultade de Economía e Empresas
Nov 19 @ 13:00 – 14:30
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar  (Campus de Elviña), terá lugar a actividade.
O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.
Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es
Información doutros anos:
Nov
20
Xov
Primeiras xornadas de arquitectura nórdica: SUECIA na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Nov 20 @ 09:30 – Nov 21 @ 14:00

Primeiras xornadas de arquitectura nórdica na ETSAC adicadas a SUECIA.

Palestras e mesas redondas nas que intervirán: Fernando Agrasar Quiroga, Ingrid Campo Ruiz, Víctor López Cotelo, Daniel Fernández- Carracedo, Celestino García Braña e José Manuel López-Peláez.

Datas: 20 e 21 de novembro de 2014

Lugar: Salón de actos da ETSAC

Organización: Zaida García Requejo e Pablo Rodríguez Rodríguez

suecia_0

xornadas_1

suecia_2

 

In memoriam XOSÉ PÉREZ FRANCO 1959-2013: acto de lembranza na ETSAC @ Salón de Graos, Edificio de Departamentos, ETSAC
Nov 20 @ 12:00 – 13:30

A ETSAC celebra un acto de lembranza ao compañeiro XOSÉ PÉREZ FRANCO, arquitecto e profesor desta Escola.

Intervirán:

Fernando Agrasar (director da ETSAC), Xerardo Estévez (arquitecto e ex alcade de Santiago de Compostela), Francisco Leiro (escultor), Anxo Pastor (poeta e pintor), Felipe Peña (director do dpto. de Proxectos) e Paco Pestana (escultor)

Data: xoves 20 de novembro de 2014, ás 12:00h

Lugar: Salón de Graos. Edificio de departamentos da ETSAC.

Organización: Antonia Pérez Naya, Juan Manuel Doce Porto e Antonio Amado

xose_3

xose_1

xose_2

xose_3

Nov
21
Ven
Cinemascapes 03: Alice in der städten @ Aula Especial 1, andar -1
Nov 21 @ 12:00 – 14:00

Terceira proxección do ciclo CINEMASCAPES. Nesta ocasión correspóndelle ao filme ALICE IN DER STÄDTEN de Wim Wenders (1974).

Haberá un coloquio ao remate.

Organización: pARQc, grupo de investigación proxecto arquitectura e cidade

Data: venres 21 de novembro , ás 12:00h

Lugar: Especial 1, andar -1

 

cenemascapes03_1
Nov
24
Lun
Seminario Universitario: Edificación e cambio climático en Galicia. adaptaclima III @ Salón de actos E.T.S.A.C.
Nov 24 @ 16:00 – Nov 25 @ 21:00

Preme na imaxe para reservar a túa praza
adapta_02