O próximo xoves 17 de xullo terá lugar no Salón de Actos da ETSAC a última conferencia da segunda edición do seminario Hábitat a Escala Humana, que versará sobre as Tecnoloxías Apropiadas.
ALEJANDRO FERNÁNDEZ
“Cara ao empoderamento tecnolóxico…”
Arquitecto e urbanista que dende o 2006 se dedica á investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos en contextos rurais e urbanos. No seu traballo ocúpase do uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rururbano, a memoria colectiva, o urbanismo participativo… En 2010 formou o Laboratorio de Investigación en tecnoloxía/s apropiada/s con sede en Vigo.
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS | SERGIO FERNÁNDEZ
“Tecnoloxía para o desenvolvemento humano, máis aló das tecnoloxías apropiadas”
Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras Galicia dende 1998 e técnico de proxectos e educación para o desenvolvemento dende 2008. Realizou investigacións en temas de xestión comunitaria de montes en Galicia e modelos de desenvolvemento rural, e traballos en ordenación territorial e sistemas de información xeográfica. Conta con experiencia como personal expatriado en Centroamérica.
+ información: http://www.udc.es/dhabitat/novas/2014/20140715SeminarioSesion5.html
ETSAC. GRAO EN ARQUITECTURA. CURSO 2014-2015
- Distribución provisoria grupos
- Horario primeira semana do cuadrimestre. 8.09 – 12.09. Exclusivamente docencia expositiva.
- Horarios curso 2014-2015
- ETSAC (in English)
- Calendario académico UDC
- Calendario de exames e actas EEES. Grao en Arquitectura.
- Calendario de exames e actas non EEES. Arquitecto plan antigo.
Como acto de inicio do curso 2014-15, o vindeiro día 4 de setembro, ás 18:00h, o noso compañeiro Alfredo Freixedo impartirá unha conferencia, seguida dunha actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trío.
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A SÚA DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SEPTEMBRO 2014.
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
(pode ser que dende a ventana do navegador non funcione o botón enviar, por iso debes facelo dende adobe reader) - Despóis de cumplimentalo, presiona o botón enviar que aparece na esquina inferior derecha.
- Dende adobe reader imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
se tes algún problema para cubrir ou enviar o formulario consulta por favor neste enlace
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércoles 3 de septembro a las 14:00h.
VENRES 5 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte papel e maqueta.
Entregaráse o listado da documentación, debidamente cuberto e asinado, así como o informe do titor
DOCUMENTACIÓN PFC
LUNS 8 DE SEPTEMBRO DE 2014
Aula PFC, Sótano -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas en Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIXITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumo do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAY QUE ENTREGAR OS PANEIS DIN A1 FISICOS, SÓ EN FORMATO DIXITAL.
Un ano máis convócanse a todos os alumnos de primeiro curso a unha Xornada de Acollida na que se lles presentará, polo miúdo, información de interese para a súa estadía académica na ETSAC.
Data: luns 08 de setembro 2014
Grupos B e D: 11:00h no salón de actos, andar 0
Grupos A, C e E: 17:00h na aula E1, andar -1
Máis información: xornada de acollida etsac 14-15_horario

Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
- Duración: 20 horas
- Recoñecemento académico: 2 créditos de libre elección / 1ECTS
- Prezo público xeral: 50 € / Prezo reducido: 30 €
- Bolsas (matrícula gratuita): 4 bolsas para estudantes, 1 para PAS, 1 para PDI
- Prazo de matrícula: ata o 3 de setembro de 2014
- Máis información e matrícula: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2014/curso23.html
Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:
-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN
-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE
-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS
-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)
Hora: 17:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Entrada de balde
Máis información:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84

TEMA PFC 2014-15
PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁRCERE DA CORUÑA
A presentación do tema consistirá nunha mesa de debate na que se pormenorizará a voluntade de diversos axentes, administración e cidadanía, coa intervención libre para cualquera aportación.
Retransmisión por streaming http://youtu.be/_SdLdXcGBZI
Ao finalizar a presentación iniciarase o Taller PFC
Información na prensa (A Opinión da Coruña, 30.09.2014): http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/09/30/o-carcere-rematar-o-curso/883707.html