Calendar

Mar
13
Xov
PRESENTACIÓN PROGRAMA GreenCampus NA UDC @ Salón de Actos, Facultade de Ciencias
Mar 13 @ 12:00 – 13:00
PRESENTACIÓN PROGRAMA GreenCampus NA UDC @ Salón de Actos, Facultade de Ciencias

A Oficina de Medio Ambiente da UDC convídache á presentación do programa GreenCampus na UDC

Xoves 13 de marzo, 12:00 h, Salón de Actos, Facultade de Ciencias. Asistencia libre.
Coa participación de:
–        José Ramón Sánchez Moro, presidente de ADEAC-FEE
–        Amalia Blanco Louro, vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas da UDC
–        Direccións dos centros ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación, e da Oficina de Medio Ambiente da UDC

Trátase da primeira xornada de traballo GreenCampus-UDC. A UDC ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.

O GreenCampus arranca na UDC coa incorporación de 4 centros: ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación. Ás 12 horas terá lugar a presentación pública do programa GreenCampus, nunha charla-debate aberta, que se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Ciencias (A Zapateira), na que se dará conta da metodoloxía e dos obxectivos do programa GreenCampus na UDC.

Máis información:
https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/actualidade/greencampus.html

OMA-UDC

Mar
14
Ven
Laboratorio de emprendemento na ETSAC @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Mar 14 @ 11:00 – 13:00

LABORATORIO DE PROXECTOS. Cara o emprendemento desde a participación

Organiza: Consellería de Traballo, Xunta de Galicia

Máis información:

Laboratorio de proxectos na ETSAC

xuventude.xunta.net

laboratorio.proxectos.xunta_2

Mar
17
Lun
CONFERENCIA ALBERTO NOGUEROL + PILAR DIEZ @ Aula E-1. ETSAC
Mar 17 @ 11:30 – 13:00
CONFERENCIA PFC: Pantallas de micropilotes en Oficinas de la Diputación. Cristóbal Crespo González y Antonio Raya de Blás @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 17 @ 16:00 – 17:30
CONFERENCIA PFC: Pantallas de micropilotes en Oficinas de la Diputación. Cristóbal Crespo González y Antonio Raya de Blás @ Salón de Actos. ETSAC

 

CONFERENCIA PFC:

“Aplicación de las pantallas de micropilotes en el edificio de Oficinas de La Diputación Provincial de A Coruña en la calle Archer Milton”

Cristóbal Crespo González y Antonio Raya de Blás

Salón de Actos ETSAC

Lunes, 17 de marzo de 2014       16:00 h-17:30 h

Mar
18
Mar
CINETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Mar 18 @ 18:00 – 20:00

Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.

Organiza: RETSAC

Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac

cinetsac_2

Mar
19
Mér
XORNADA DE RESTAURACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA @ Entrada principal da Facultade de Ciencias
Mar 19 @ 12:00 – 17:00
XORNADA DE RESTAURACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA @ Entrada principal da Facultade de Ciencias

Xornada de restauración participativa no Monte da Fraga

Aproveitando a celebración do día da árbore e o día da auga o mércores 19 de marzo organizamos unha actividade para continuar coa restauración doMonte da Fraga. Nesta actuación faremos varias tarefas; acondicionamento e plantación de flora acuática na charca e plantación de árbores.

 

A xornada terá unha duración de 12.00 h a 17.00h é preciso inscribirse onúmero de prazas estará limitado a 25. O obxectivo é dar a coñecer o espazo e recuperar o monte facéndoo noso, que sexa un espazo de lecer e de estudo onde sexamos partícipes da súa recuperación. Cada un/unha de vos pode aportar e seu graíño de area.

 

No caso de non poder asistir a xornada completa indicade no correo a vosa dispoñibilidade. Se algún/ha de vos ten na casa algunha planta autóctona que queira plantar no Monte da Fraga tamén o podedes indicar no correo.

 

Programa da xornada: 12.00h punto de encontro na entrada principal da Facultade de Ciencias

 

.As labores a realizar serán:

 

* Abonado con compost da área de compostaxe de filoloxía

 

* Plantación das árbores

 

* Traballos de reconstrución das marxes da charca. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.

 

14.30h Xantar (lembrade traer a comida)

 

15.30h Continuación das tarefas

 

17.00h Fin da xornada . Será preciso levar o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria.

 

Lembrade que esta actividade conta para acadar os créditos do ciclo de voluntariado ambiental.

 

Contacto:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

 

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”

Twitter: @OMA_UDC

Mar
24
Lun
Exposición na ETSAC: TRES PROPOSTAS CONCURSO MUSEO EN REGENSBURG @ Andar 0, ETSAC
Mar 24 – Abr 30 all-day

No andar 0 da ETSAC pódese visitar a exposición TRES PROPOSTAS. Entradas da ETSAC para o concurso do museo da historia bávara en Regensburg (Alemaña):

01. Creus + Carrasco

02. Emilio Rodríguez, José Luis Martínez, Sinaldaba, Antón Pena

03. Cristóbal Crespo, LAAV

Organización: Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, Grupo de Investigación Proxecto Arquitectura e Cidade, Emilio Rodríguez (comisariado, deseño e montaxe) e Antón Pena Auge

regensburg_01

regensburg_02

Lectura da tese de doutoramento: LA RESTAURACIÓN DEL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO MODERNO. ANÁLISIS Y CRÍTICA DE LAS INTERVENCIONES EN EL GOBIERNO CIVIL DE TARRAGONA @ Salón de Grados. Edificio Departamentos
Mar 24 @ 11:30 – 13:30
Lectura da tese de doutoramento: LA RESTAURACIÓN DEL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO MODERNO. ANÁLISIS Y CRÍTICA DE LAS INTERVENCIONES EN EL GOBIERNO CIVIL DE TARRAGONA @ Salón de Grados. Edificio Departamentos

Lectura da tese de doutoramento: “LA RESTAURACIÓN DEL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO MODERNO. ANÁLISIS Y CRÍTICA DE LAS INTERVENCIONES EN EL GOBIERNO CIVIL DE TARRAGONA.”

Doutorando: Santiago Barge Ferreiros

Directores: Amparo Casares Gallego y José Benito Rodríguez Cheda

Data: 24 de marzo de 2014, ás 11:30h

Salón de Grados.Edificio Departamentos da ETSAC

CONFERENCIA PFC: Proyecto de Ejecución: Eficiencia energética. José Luis Martínez Raído @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 24 @ 16:00 – 17:30

CONFERENCIA PFC:

“Proyecto de Ejecución: Eficiencia energética”

José Luis Martínez Raído

Salón de Actos ETSAC

Lunes, 24 de marzo de 2014       16:00 h-17:30 h

Mar
25
Mar
CINETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Mar 25 @ 18:00 – 20:00

Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.

Organiza: RETSAC

Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac

cinetsac_2