Calendar

Feb
19
Mér
COMPOSTAXE NA UDC: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “TRASHED” @ Salón de actos da Facultade de Ciencias
Feb 19 @ 16:30 – 18:30

Compostaxe na UDC: Proxección do documental Trashed.

O próximo mércores 19 de febreiro, a Oficina de Medio Ambiente presenta a seguinte actividade do ciclo de voluntariado ambiental, nesta ocasión relacionada coa temática dos residuos.

Primeiro proxectaremos o documental Trashed, protagonizado por Jeremy Irons, documental moi interesante que nos conta a problemática dos residuos, dos vertedoiros e incineradoras do mundo civilizado. Tráiler:http://www.youtube.com/watch?v=7UM73CEvwMY

Ao remate abriremos un coloquio sobre a problemática dos residuos e posibles solucións. Por ultimo, visitaremos unha das solucións que aporta a universidade para reducir os residuos que é o proxecto de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de tres comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus en tres áreas de compostaxe. Visitaremos a última incorporación a este proxecto, que é a área da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica que recolle os residuos da cafetería da mesma.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos…) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza.

A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:

 16.30 – Salón de actos da Facultade de Ciencias

–           Proxección de documental Trashed

Ficha técnica:

http://www.terra.org/categorias/peliculas/trashed-rodeados-de-residuos-y-basuras

–          Charla-debate.

–          Visita á área de compostaxe da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.

 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !

Máis información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es

Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC

Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC

Feb
20
Xov
Presentación da GUÍA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA DE GALICIA @ Salón de actos da ETSAC
Feb 20 @ 12:00 – 14:00

Presentación na ETSAC da “GUÍA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA DE GALICIA. Arquitectura galega do século XX” a cargo dos autores da obra, José Jorge Santos Ogando e José Carlos Mera Rodríguez

Data: xoves 20 de febreiro de 2014, ás 12:00

guia_01

Feb
24
Lun
CONFERENCIA PFC: “Excavaciones urbanas y recalces” Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC
Feb 24 @ 16:00 – 17:30

CONFERENCIA PFC:

“Excavaciones urbanas y recalces”

Juan Pérez Valcárcel

Salón de Actos ETSAC

Lunes, 24 de febrero de 2014       16:00 h-17:30 h

Feb
25
Mar
AVISO atención mobilidade · martes 25
Feb 25 @ 10:00 – 12:00
AVISO atención mobilidade · martes 25

O vindeiro martes 25, por coincidencia con Comisión, trasládase horario de ATENCION A MOBILIDADE a horario: 10:00-12:00h.

 

Feb
26
Mér
Ciclo voluntariado ambiental OMA UDC. DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO @ Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura
Feb 26 @ 16:30 – 18:00

DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO 

O próximo mércores  26 de febreiro organizamos unha charla sobre a xestión de residuos: da reciclaxe a residuo cero. A situación na UDC

A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente. Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.

Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.

 

A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:

16.30 – Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

Relator:  Ramón Plana

Presentación: Manuel Soto

17.30- visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC

Para ir comezando animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación:

http://prezi.com/a0glazspuwzf/sabias-que/

 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !

 

Máis información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC

Feb
28
Ven
Taller 08. Concurso Multi-Comfort House @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 28 all-day

Fase local do Concurso Internacional de arquitectura para estudantes MULTI-COMFORT HOUSE, actividade docente do TALLER 08

taller08_1

 Acta_Fase_Local_A_Coruna_Concurso_Isover_2014

Mar
3
Lun
Entroido @ UDC
Mar 3 – Mar 4 all-day
Joint Graduate Design Project @ ETSAC @ Salón de actos da ETSAC para as conferencias / Aulas Gráficas para os workshops
Mar 3 – Mar 7 all-day

harbin_17

A ETSAC acolle o Joint Graduate Design Project ao abeiro do Acordo Marco asinado en decembro de 2013 entre a ETSAC da UDC e a School of Architecture do Harbin Institute of Technology (China).

Aulas e obradoiros compartidos nos que participarán profesores de ambas escolas e 10 alumnos de Harbin e 16 da ETSAC en torno a un proxecto compartido no espazo industrial obsoleto da Artística de Vigo.

As conferencias, en inglés, son abertas a todos os alumnos da ETSAC.

Máis información e programa: 2014 Joint Graduate Design Project at ETSAC

jointgraduatedesignproject_2

Mar
10
Lun
CONFERENCIA PFC: Proyecto de Ejecución: CTE DB SI – CTE DB SUA. José Luis Martínez Raído @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 10 @ 16:00 – 17:30

CONFERENCIA PFC:

“Proyecto de Ejecución: CTE DB SI – CTE DB SUA”

José Luis Martínez Raído

Salón de Actos ETSAC

Lunes, 10 de marzo de 2014       16:00 h-17:30 h

Mar
11
Mar
CINETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Mar 11 @ 17:00 – 19:00

Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.

Organiza: RETSAC

Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac

cinetsac_2