CONFERENCIA DO SOCIOLOGO CARLOS LLES
O Xoves 3 de Maio ás 12h. na Escola de Arquitectura (Salon de Actos) o Sociologo Carlos Lles (Universidade Carlos III, Madrid) impartirá unha conferencia sobre “Intervencións na cidade, os Espazos e os Usuarios”, falará de grandes proxectos recentes en Madrid e outras cidades. O mercoles ás 18h no Master Arquitectura da Paisaxe “Juana de Veiga” dara unha leccion distinta sobre espazos publicos abertos.
Ambas son unha iniciativa dos master de Arquitectura dle Paisaxe Juana de Veiga e do de Urbanismo Plans e Proxectos.
Estan convidados todos os alumnos da Escola de Arquitectura e os mestrados implicados.
La exposición “Azar y necesidad” está compuesta por el material recopilado de las 10 propuestas ganadoras del XII concurso arquia/becas 2011. La Fundación ha confiado a los arquitectos Fuensanta Nieto y Enrique Sobejano la definición del tema y la resolución, como miembros del jurado único de la convocatoria 2011. Los ganadores fueron seleccionados en virtud del material aportado. Indícanos cual es tú proyecto favorito votando con tú móvil escaneando el código QR, el resultado de las votaciones se actualizará en tiempo real.
O vindeiro luns, 7 de maio ás 11:30 horas no Salón de Graos do Edificio de Departamentos terá lugar a defensa da tese doutoral de Luis Walter Muñoz Fontenla titulada Santiago Rey Pedreira. Constructor de ideas, dirixida polo doutor arquitecto D. José Manuel Gallego Jorreto
Documentación gráfica técnica do proxecto de execución
- Construcción da implantación. Normativa
- Detalles construtivos
- Planos de acabados
- Planos de carpintaría
- Instalacións
Para tod@s @s alumn@s de PFC. Antonio Raya de Blás (Parte 3) . Salón de Graos. Edificio Departamentos
Os próximos 8 e 9 de m, martes e mércores, Campaña de Doazón de Sangue na E.T.S. ARQUITECTURA, situada no campus de A Coruña, en horario de mañá e tarde (das 9:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas)a unidade móbil estará situada na Parada do Bus.
Ademais, impartiranse charlas aos alumnos e alumnas de cada curso, o día anterior a doazón, factor clave para aclarar as dúbidas e conseguir unha participación que permita cubrir as necesidades de sangue dos nosos hospitais.
Os datos das nosas doazóns nos anos anteriores poden compararse na imaxe adxunta, esperamos melloralos nesta próxima campaña.
15 maio, Ás 12:00 h, Charla na ETS Arquitectura, Salón de Actos
Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas
-Jesús Giz, Técnico superior de mantementos da UDC
-José M. Golpe Acuña. Fundación Axencia Enerxética da Provincia de A Coruña (FAEPAC).
-Ramses Pérez, Asociación ecoloxista ADEGA
Organiza: Oficina de Medio Ambiente
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

Segundo o establecido no Regulamento para recoñecemento de grupos de investigación, o Servizo de Investigación actualizará o Catálogo de Investigación para a axeitada difusión da investigación da UDC no contorno empresarial e sociocultural.
Para iso ábrese un prazo ata o día 18 de maio con dúas modalidades:
1.ª Novas inscricións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación. Neste caso, cubrirase o formulario de inscrición e ademais:
-Follas de sinaturas, no caso de Grupos ou Unidades
-Informe de aceptación da adscrición de grupos a un departamento, instituto universitario ou centro tecnolóxico, no caso de Grupos
2.ª Actualización de datos: aqueles grupos, unidades e investigadores xa inscritos que desexen realizar algunha modificación na súa ficha, deberán comunicarllo por escrito ao Servizo de Investigación. É importante comunicar todas as altas e as baixas que se producisen, así como as modificacións nas liñas de investigación ou na oferta investigadora para que o Catálogo manteña a súa vixencia. Desde o Servizo de Investigación daranse de baixa as persoas que xa non teñan vinculación coa universidade agás que se solicite, debidamente asinada, a súa inclusión como colaborador/a doutro organismo.
Poden atopar todos os formularios no seguinte enderezo:
http://www.udc.es/investigacion/catalogo/
Unha vez cubertos deben envialos ao Servizo de Investigación.
Para realizar calquera consulta ou resolver calquera dúbida deberá dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte:catalogo@udc.es
Prazo Límite da entrega venres 18 de maio de 2012 as 21:00h
+ info: Asociación Xuvenil Perspectivas.