Seminario de emprendemento da UDC dentro do Programa de mellora da empregabilidade
Inscrición previa imprescindible: https://www.udc.es/emprego/formacion/emprendemento/seminario_emprendemento.html
Data: venres 17 de novembro de 2017, 11:00-14:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: CartazPMEC_Emprendemento_ETSAC
Xornada de formación na ETSAC: Como facer unha tese de doutoramento en arquitectura?
Intervirán: Débora Domingo (ETSAV) e Paulo Cruz (Universidade do Minho)
Entrada libre
Data: xoves 30 de novembro de 2017, ás 10:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Máis información: xornada de formacion
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 27 de novembro ata o xoves 7 de decembro ás 14:00h
LUNS 11 DE DECEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
- Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor.
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle: ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
O vindeiro venres 15 de decembro celebraremos por cuarta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada ANUPAMA KUNDOO https://www.anupamakundoo.com/ baixo o título “Building knowledge, building community”.
A arquitecta india recolle, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2017, mentras escoitamos ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps.
Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados.
Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 cartaz
O profesor Iago Seara Morales dará a palestra “Tecnoloxías Construtivas Históricas: o campanario de San Martiño Pinario e a Catedral de Tui” dentro da materia de Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica do MURA que imparte o profesor Manuel Freire Tellado. O evento está aberto a toda a ETSAC.
Cando: mércores 20 de decembro de 2017, ás 11:30h
Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0