Calendar

Abr
24
Lun
Palestras das profesoras letonas Sandra Svike e Inese Reitale / Lectures by Latvian professors Sandra Svike and Inese Reitale @ Salón de graos da ETSAC / Lecture hall, Departmental building
Abr 24 @ 12:00

 

Palestra das profesores Sandra Svike e Inese Reitale do Riga Building College (Letonia) sobre “Riga Building College” e “Solucións de fachada de acordo coas características do edificio”

Data: luns 24 de abril de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC, andar -1

 

Lecture by Latvian professors Sandra Svike and Inese Reitale, Riga Building College (Latvia) on “Riga Building College” and “Facade solutions according to the building features”

Date: Monday April 24 at noon

Venue: Lecture hall, Departmental building, level -1

 

 

 

Reunión informativa sobre a docencia nos talleres PFC, Boloña 1 e 2, para o curso 2017-18 @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Abr 24 @ 12:30

Reunión informativa sobre a docencia nos talleres PFC para o vindeiro curso 2017-18, Boloña 1 e 2.

Data: luns 24 de abril de 2017,  ás 12:30h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Abr
26
Mér
Conferencia PFC: Proxecto Execución. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC
Abr 26 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: Proxecto Execución. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC: Proxecto Execución. Instalacións

Ángeles Santos Vázquez

Mércores, 26 de abril de 2017, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Abr
27
Xov
Xornadas Modernidade e Contemporaneidade 5 @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Abr 27 – Abr 28 all-day

 

Neste ano 2017 conmemórase o 25 aniversario da celebración de toda unha serie de feitos diferenciais que tiveron lugar en 1992: a Capitalidade Cultural Europea en Madrid, a Exposición Universal en Sevilla, os Xogos Olímpicos en Barcelona… un conxunto que foi presentado e visto no exterior das nosas fronteiras como un verdadero “Spanish Year”, un Ano de España, de trascendencia especial no marco da arquitectura.

A súa influencia extendeuse entón e exténdese aínda agora sobor da arquitectura de Galicia, o que permete e aconsella plantexar e mesmo dedicar esta edición das xornadas Modernidade e Contemporaneidade a analizar e revisar o legado do 92 dende a nosa Escola de Arquitectura.

Datas: 27 e 28 de abril de 2017

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Máis información e inscricións: http://www.udc.gal/iala/actualidade/2017/Modernidadycontemporaneidad5.html

 

Mai
10
Mér
CONFERENCIA PFC: “Proxecto de Execución: CTE DB SI – CTE DB SUA”. José Luis Martínez Raído @ Salón de Actos. ETSAC
Mai 10 @ 16:00 – 19:00

CONFERENCIA PFC:

“Proxecto de Execución: CTE DB SI – CTE DB SUA”. José Luis Martínez Raído

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 10 de maio de 2017       16:00 h-19:00 h

A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Imaxe do recente premio COAG:

REFORMA Y AMPLIACIÓN DE CENTRO DOCENTE-ASISTENCIAL DOWN

JOSE LUIS MARTINEZ RAIDO | EMILIO RODRIGUEZ BLANCO

Pedralonga, Lugar de Pedralonga s/n CORUÑA (A)

Mai
12
Ven
Cidade e participación: o barrio da Gaiteira-Os Castros @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Mai 12 @ 12:00

 

Debate na Escola sobre “Cidade e participación: o barrio da Gaiteira-Os Castros” no que participarán: Paulo Sexto e Emilio Vega, respectivamente presidente e vogal da AAVV A Gaiteira-Os Castros, e os profesores da ETSAC Xan Casabella López e Xosé Manuel Vázquez Mosquera. Moderará: Fernando Agrasar, director da ETSAC

Organización: AAVV A Gaiteira-Os Castros e ETSAC

Data: venres 12 de maio de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

“BIM ADOPTION ” Nova reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia na ETSAC
Mai 12 @ 16:30 – 19:30

O vindeiro venres día 12 de maio ás 16:30 celebrarase na ETSAC unha nova reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia, a arquitecta Diana Galvache falaranos sobre o proceso de “ADOPCION BIM” nunha contorna familiar.

A reunión está aberta a todos os interesados, non é necesario ningún coñecemento previo, pero se moito interese en aprender a importancia da adopción de procesos BIM na nosa contorna de traballo e formación. No Meetup do grupo pódese consultar máis información, así como acceder á gravación das sesións celebradas ata a data.

Vémonos o venres

Mai
25
Xov
Centro de linguas: xornada informativa na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0,
Mai 25 @ 12:00

Xornada informativa do Centro de Linguas para o Campus da Zapateira, dirixida a:

-Alumnado que teña a intención de realizar unha mobilidade internacional no curso 2018/19

-Alumnado de dobres titulacións internacionais

-Alumnado de graos bilingües

Data: xoves, 25 de maio de 2017, ás 12:00h

Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0

 

Máis información: http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_UDC/cursos_idiomas/index.html?language=gl

Xuñ
2
Ven
PFC: procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria xuño 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Xuñ 2 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC XUÑO 2017

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de maio ás 14:00h

VENRES 2 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 5 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Xuñ
5
Lun
REUNIÓN INFORMATIVA PFG – PFC – PFM. Docencia curso 2017-18 @ AULA E-1. ETSAC
Xuñ 5 @ 12:00 – 14:30

Reunión informativa PFG – PFC – PFM (aula E-1)

Convócase a todos os alumnos e profesores interesados a unha reunión na que se informará sobre o calendario e estrutura da docencia para a elaboración, presentación e defensa do Proxecto Fin de Carreira nas titulacións impartidas na ETSAC

Cada titulación tratarase de forma individualizada de acordo co seguinte esquema:

12:00 – 12:45 PFG. 30 ECTS . Boloña 1. Grao en Arquitectura. (titulación habilitante)
12:45 – 13:00 PFC. Arquitecto plan antigo. (titulación extinguida)
13:00 – 14:00 PFM. 30 ECTS. Boloña 2. Máster Universitario en Arquitectura (titulación habilitante)

Ante a importancia dos temas para tratar rógase a asistencia a todos os interesados.

A dirección da ETSAC