Encontro de investigadores: Aproximación metodolóxica ao estudo da vivenda. Intervirán os profesores da ETSAC, José Ramón Alonso, María Carreiro, Inés Pernas, Paula Fernández-Gago, Mónica Mesejo, Cándido López e Eduardo Caridad. Como convidados, se contará coa presenza de: Juan Luis Trillo, Atxu Amann e Carmen Abad, das universidades de Sevilla, Madrid e Zaragoza, respectivamente.
Organización: GAUS, grupo de arquitectura e urbanismo sostible
Datas: mércores a venres, 09 a 11 de novembro de 2016
Lugar: Sala de Xuntas do edificio de departementos da ETSAC
Máis información e programa completo: programa-do-encontro
Palestra sobre sistemas de portas corredeiras por representantes da empresa Klein Ibérica, organizado como actividade do Taller 5 de terceiro curso. Intervirán Alberto David Boix e José Francisco Sobrino.
O reitor da UDC, Julio Abalde, e membros do seu equipo de goberno visitarán a ETSAC o vindeiro venres, 11 de novembro, ás 10:00h.
Celebrarase unha xuntanza que terá lugar no salón de actos da Escola e onde se abordarán os temas que a comunidade académica lle propoña. Estades todos convidados, contamos coa vosa presenza.
Palestra de Javier Martín , coreografo: CsO_como construír un corpo sen órganos. Articúlase en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, relacionando as características escénicas con entornos non especificamente artísticos vinculados co performativo e a memoria. O que se pretende é comunicar as ferrramentas propioceptivas e de xestión dos arredores que desde as artes do movemento se están a destilar, cunha intención de corte etnográfico e transversal.
Organiza: pARQc, grupo de investigación Proxecto, Arquitectura e Cidade
Data: luns, 14 de novembro, ás 12:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Mapping Caracas: Controversias na arquitectura social en Venezuela, 1999-2016. Palestra do profesor Henry Vicente Garrido, Universidade Simón Bolívar de Caracas (Venezuela)
Unha lección da materia Análise Arquitectónica, aberta a toda persoa interesada.
Data: martes 15 de novembro, ás 09:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

PALESTRA DE LUZ PAZ AGRAS: MARTES DAS ARTES NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES
O martes día 15 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Arquitectura de Re-acción. Unha lectura de proxectoa á marxe” impartida por Dª. Luz Paz Agras, Doutora Arquitecta e profesorado Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña.
A raíz da actual crise económica, a arquitectura veuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a poñer en tela de xuizo o seu papel na sociedade. Nos últimos anos, foi identificada exclusivamente co seu rol de construcción, movéndose entre dúas posicións extremas pero ámbalas dúas froito dunha época de despilfarro económico: por unha parte, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela y por outra, a especulación constructiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria.
Asumido o resultado fallido de ámbolos dous modelos, experiencias que naceron en paralelo á propia crise da disciplina, pero moi dentro desta, amosan xeitos de actuación inconformistas e propositivos. Accións que enfocan o seu obxectivo cara o achegamento da sociedade á arquitectura a través da ensinanza conviven con outras nas que a participación cidadana se converte no principal material de proxecto, pasando polas que se posicionan con actitudes críticas. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados nestos últimos anos, trázase o panorama da arquitectura de re-acción: inmaterial, efímera e activista.
+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/noticias.asp?idNoticia=400&tipo=1