Calendar

Abr
29
Mar
Palestra de CARLOS LLES no MAPJV: Espazos públicos e usuarios @ Salón de actos da Fundación Juana de Vega, Nós, Oleiros
Abr 29 @ 18:00 – 20:00

Palestra do sociólogo Carlos Lles no Mestrado de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, MAPJV: Espazos públicos e usuarios. Intervencións recentes en Madrid.

lles_2

Abr
30
Mér
UDC NA RÚA @ Diversas rúas da cidade da Coruña
Abr 30 @ 10:00 – 20:00

udcnarua_02

 

Un ano máis celébrase a xornada académica e reinvindicativa UDC NA RÚA.

O mércores 30 de abril as aulas da UDC saen ás rúas da Coruña. Unha chea de aulas de arquitectura e doutras disciplinas.

PARTICIPA!!!

Máis información: https://www.facebook.com/events/673621082698765/?ref_dashboard_filter=upcoming

 

Horarios

 

 

 

Mobilidade 2014-15. Xuntanza xeral elaboración contratos iniciais @ salón de actos
Abr 30 @ 14:00 – 15:00
Mobilidade 2014-15. Xuntanza xeral elaboración contratos iniciais @ salón de actos

Convócase ó alumnado seleccionado para mobilidades internacionais 2014-15 a unha xuntanza informativa en relación á elaboración dos contrato iniciais de mobilidade, onde se establecerá o proceso cara á súa formalización e sinatura.

MIERCOLES 30, SALON DE ACTOS, 14:00H.
[Duración estimada: 60′]

Mai
5
Lun
Acto homenaxe a MARÍA DEL MILAGRO REY HOMBRE na ETSAC @ Salón de Actos da ETSAC
Mai 5 @ 12:00 – 14:00

O vindeiro día 05 de maio de 2014, ás 12:00h, vai ter lugar un acto homenaxe a MARÍA DEL MILAGRO REY HOMBRE, doutora arquitecta e profesora do Departamento de Construcións Arquitectónicas ata o seu falecemento.

No mesmo intervirán as profesoras da ETSAC: María Carreiro, Paula Fernández-Gago e Inés Pernas. O acto estará presentado polo director da Escola, Fernando Agrasar.

Como preámbulo, presentaranse os resultados do proxecto MAGA, con especial atención aos datos relativos á presenza das mulleres na nosa Escola de Arquitectura.

Organiza: MAGA

 

Máis información:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/05/06/ultimo-homenaje-primera-arquitecta-corunesa/0003_201405H6C6995.htm

 

reyhombre_1

Palestras na ETSAC: CARLOS GONZÁLEZ LOBO, Mª EUGENIA HURTADO e ASF Galicia Internacional @ Salón de Actos. ETSAC
Mai 5 @ 16:30 – 18:30

Palestras na ETSAC:

CARLOS GONZÁLEZ LOBO: Tecnologías para el hábitat popular

Mª EUGENIA HURTADO: Buscando su espacio en el espacio: arquitectas

ASF GALICIA INTERNACIONAL: Intervención integral de hábitat Oxlajuj Tz’ikin

Luns 5 de maio, 16:30 -18:30

Salón de Actos da ETSAC

LOBO+HURTADO

 

Mai
6
Mar
Mesa redonda na ETSAC: A necesidade dun ENFOQUE SOCIAL nas ESCOLAS DE ARQUITECTURA @ Multiusos futbolín, andar -2, ETSAC
Mai 6 @ 12:30 – 14:00

lobo_4

Mesa redonda A NECESIDADE DUN ENFOQUE SOCIAL NAS ESCOLAS DE ARQUITECTURA, organizada por dHábitat.

Intervirán: Carlos González Lobo, María Eugenia Hurtado, Esteban de Manuel, Fernando Agrasar, Plácido Lizancos e Alberto Fortes.

Lugar e data: Multiusos do futbolín, andar -2, martes 06 de maio, ás 12:30h

MESAREDONDA

CINETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Mai 6 @ 18:00 – 20:00

Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.

Organiza: RETSAC

Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac

cinetsac_2

Mai
13
Mar
CINETSAC @ Salón de actos da ETSAC
Mai 13 @ 18:00 – 20:00

Ciclo de cine fórum na ETSAC sobre a relación do cine e a arquitectura.

Organiza: RETSAC

Máis información: https://www.facebook.com/cinetsac

cinetsac_2

Mai
16
Ven
Fin do segundo cuadrimestre Grao en Arquitectura @ UDC
Mai 16 all-day
Xornada NOVOS TERRITORIOS: Vocación e reciclaxe profesional desde a arquitectura @ Salón de actos da ETSAC
Mai 16 @ 10:00 – 15:00

novo_horizontes_0

A ETSAC presenta a xornada NOVOS TERRITORIOS. VOCACIÓN E RECICLAXE PROFESIONAL DESDE A ARQUITECTURA

A través dunha serie de palestras presentadas polo director da Escola, Fernando Agrasar, os nosos convidados, maioritariamente egresados da ETSAC, amosarán a súas experiencias en campos tanxenciais á arquitectura.

Estamos a falar da edición, a ilustración, o deseño de automóbiles, a xoiería, as artes escénicas, a fotografía e a montaxe de exposicións. Intervirán: Óscar Pedrós, Eva Alfonso, Felipe Trillo, Jacobo Domínguez, Beatriz Pérez, Ramón de los Heros e Ana Belén Amado.

Neste contexto, os profesores Pedro de Llano e Plácido Lizancos presentarán a última publicación PFC ETSAC, reflexionando sobre os procedementos gráficos de ideación e análise nos proxectos fin de carreira, nos que interviron algúns dos convidados.

Coordinación: Óscar Pedrós e Evaristo Zas

pedros_1

pedros_21