
Visita técnica a Cidade da Cultura
14 de novembro ás 10:00h
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás (*ver mapa anexo).
Os membros do grupo deberán vestir axeitadamente ao movemento por espazos angostos ou perigosos, sen roupas colgantes nin zapatos de tacón ou de materiais esvaradíos.
Para a todo o alumnado e profesorado de PFC, Grao en Arquitectura, Máster en Arquitectura e Máster en Rehabilitación.

Conferencia PFC: Proxecto Básico. Condicións CTE. Incendios. Seguridades de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 21 de novembro de 2018, 16:00 h-18:00 h
Salón de Actos ETSAC
Edificio de Down Coruña, premio del COAG, Emilio Rodríguez y José Luis Martínez,arquitectos. Fotografía: Queiruga/Roller Agencia
Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos e na aula ED.2 do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 14.12.2018 segundo o seguinte orde:
O vindeiro venres 01 de febreiro celebraremos por quinta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada CARME PINÓS http://www.cpinos.com/ baixo o título “Obra recente”.
A arquitecta catalana recolle, nesta ocasión, o relevo do tamén catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro, dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso e da india Anupama Kundoo que disertaron nas anteriores edicións.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2018, mentras escoitamos ao trío de jazz de DANIEL CASARES https://www.danielcasaresmusic.com/
Os nosos parabéns aos novos arquitectos ETSAC de 2018!
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados.
Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018 cartaz