28 EDICIÓN CONCURSO PLADUR
Entrega e presentación de paneis
Luns 23 de abril de 2018.
Entrega: 17:00
Presentación: 17:00 – 19:00
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
+ información: https://www.pladur.com/es-es/arquitectos/concursos-premios/Paginas/xxviii-concurso-iberico-soluciones-constructivas-pladur.aspx

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO PFC SOSTENIBILIDADE “MYRIAM GOLUBOFF”
GreenCampus-ETSAC-OMA
O concurso foi concibido para poñer en valor e ofrecer un medio de difusión dos traballos realizados no Proxecto fin de carreira (PFC) que poñen especial atención á sustentabilidade de todas as titulacións de arquitectos titulados na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña nos dous últimos anos.
O xurado do concurso agradece aos participantes o seu interese e a alta calidade dos proxectos.
Esta actividade congrega a un total de 56 alumnos procedentes das Escolas de Arquitectura de Clermont-Ferrand (ENSACF – 37 alumnos), OTH de Ratisbona (9 alumnos), NUACA de Ereván (Armenia, 4 alumnos) e A Coruña (6 alumnos), ademais de profesores e representantes institucionais das entidades participantes. Os alumnos realizan as súas propostas sobre o Stadtlagerhaus Regensburg, un antigo sistema de silos no porto fluvial do Danubio en Ratisbona, actualmente aínda en uso. A intención das autoridades municipais, en colaboración coa Autoridade Portuaria, é converter ese ámbito nunha zona de servizos culturais para a cidade. Os alumnos propoñen un centro para a integración das Artes e a Cultura, nun programa moi aberto que busca, por unha banda, a asimilación do Patrimonio Industrial e, pola outra, a integración de refuxiados e desprazados a través das oportunidades que ofrece invitalos á sociedade a través da cultura.
Presentaranse un total de 26 proxectos, nunha xornada que ocupará ata as 9 da tarde. Ademais de destacar catro proxectos, un por Escola, otorgarase o Premio Rafael Baltar ao proxecto que, a xuízo do xurado internacional encargado de valoralos, teña máis calidade. O premio fai honra ao catedrático de Proxectos Arquitectónicos da UDC, Rafael Baltar, impulsor do convenio de colaboración IACOBUS que – dende os seus inicios en 1995 – leva xa 23 edicións consecutivas.
A presentación da xornada correrá a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde, o director da ETSAC, Fernando Agrasar, o profesor da UDC Felipe Peña, a coordinadora da NUACA de Ereván Emma Harutyunyan, o director da OTH – Arquitectura de Ratisbona, Andreas Emminger e o coordinador da ENSACF de Clermont-Ferrand Yvon Cottier.
A dirección da ETSAC organiza dous cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e as impresoras dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.
Curso gratuíto de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC
Fíxase en 10 alumnos o número máximo de asistentes a cada curso. Mais información no formulario de inscrición
Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 22.06.2018
Tribunal:
Presidenta: Amparo Casares Gallego
Vogal: Antonia Pérez Naya
Secretaria: Luz Paz Agras
A dirección do centro, A Coruña, 13.06.2018
No próximo curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no cuarto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola entendemos conveniente convocar aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.
- Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
- Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
- Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster
Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres para o próximo curso académico así como sobre as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro o pasado mércores 11 de xullo
Se queres que se trate un tema de forma específica ou queres obter resposta a unha pregunta determinada agradecémosche que deixes un comentario nesta entrada.
*Nesta reunión non se tratarán temas que afecten os alumnos que se incorporan ao primeiro curso da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no curso académico 2018-19
PRAZAS ESGOTADAS. ORGANIZACIÓN DE GRUPOS
Á vista do número de solicitudes recibidas e para optimizar os tempos de aprendizaxe debemos establecer dúas sesións para o vindeiro xoves:
- 9:15 a 11:45 alumnos matriculados en Proxecto Fin de Grao. Grao en Arquitectura
- 12:00 a 14:30 alumnos matrículados no resto de titulacións que se imparten na ETSAC
Rogámosvos unha puntualidade estrita no cumprimento dos horarios de inicio indicados para optimizar o tempo ao máximo.
A dirección da Escola de Arquitectura e 0FABdaETSAC organiza periódicamente cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e outras máquinas dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.
Nesta ocasión publicítase un curso gratuito de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura.
Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC
Formulario de inscrición (prazo de preinscrición finalizado)