
O vindeiro mércores 21 de marzo de 2018 ás 17:00, realizaremos unha visita á empresa Norvento do arquitecto Francisco Mangado. Coñeceremos o Centro de Innovación Norvento Enerxía, unha contorna de Enerxía Cero, a súa nova sede en Lugo, desconectada da rede eléctrica e 100% renovable.
Atoparémonos á 17:00 na entrada de NORVENTO LUGO:
Edif. CIne – Rúa Ramón Mª Aller Ulloa 23
Pol. As Gándaras
27003 Lugo
+ información: https://www.norvento.com/edificios-de-energia-cero/
A visita está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
O próximo mércores 4 de abril ás 11.30h desenvolverase unha charla coloquio con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O título da charla é “Pensa en Verde” cara a unha infraestrutura verde, no Salón de Actos da ETSAC.
En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” “Grao en Estudos de Arquitectura” e “Máster Universitario en Arquitectura”
Descarga o arquivo en formato PDF
A Dirección da ETSAC
28 EDICIÓN CONCURSO PLADUR
Entrega e presentación de paneis
Luns 23 de abril de 2018.
Entrega: 17:00
Presentación: 17:00 – 19:00
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
+ información: https://www.pladur.com/es-es/arquitectos/concursos-premios/Paginas/xxviii-concurso-iberico-soluciones-constructivas-pladur.aspx