Calendar

Dec
20
Mér
Palestra do profesor Iago Seara sobre tecnoloxías construtivas históricas @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 20 @ 11:30 – 13:00

O profesor Iago Seara Morales dará a palestra “Tecnoloxías Construtivas Históricas: o campanario de San Martiño Pinario e a Catedral de Tui” dentro da materia de Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica do MURA que imparte o profesor Manuel Freire Tellado. O evento está aberto a toda a ETSAC.

Cando: mércores 20 de decembro de 2017, ás 11:30h

Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

 

Dec
21
Xov
Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o premio Carlo Scarpa de xardíns 2017 @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 21 @ 12:00

 

Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o International Carlo Scarpa Prize for Gardens 2017, Fondazione Benetton. Nesta edición o premio concedeuse ao Xardín dos Cactus de César Manrique, Lanzarote

Cando: xoves 21 de decembro de 2017, ás 12:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Dec
22
Ven
Casa-estudo para un pintor: presentación e debate @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 22 @ 10:00

 

Presentación-debate de Proxectos 4 en torno á casa-estudo para un pintor coa intervención dos autores Manuel Quintana Martelo, Oscar Cabana e Carlos Maño, xunto a profesores e alumnos da materia.

Cando: venres 22 de decembro de 2017, ás 10:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Xan
3
Mér
Aviso: corte subministración eléctrica por mantemento dos Centros de Transformación
Xan 3 @ 10:30 – 21:00

Dende o Servizo de arquitectura, urbansmo e equipamentos da UDC indícannos os horarios para a realización dos mantementos nos centros de transformación e aproveitamento para probas en carga de grupos electróxenos no nadal de 2017.

03.01.2018. 11:00h. ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA.
03.01.2018. 15:30h. EDIFICIO DEPARTAMENTOS ETSAC

“Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.”

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

Xan
8
Lun
Luns, 8 de xaneiro, celebración da patroa da escola
Xan 8 all-day

O luns 8 de xaneiro a Escola e o edificio de departamentos estarán pechados pola celebración da nosa señora de Belén patroa dos arquitectos.

Extracto da páxina web Introdución á Arquitectura por Antonio S. Rio
En el año 1749, la Real Congregación de Nuestra Señora de Belén elabora las Ordenanzas para el mejor regimiento y seguridad de las obras y edificios del Reino. En esas Ordenanzas queda la Congregación con la potestad exclusiva de examinar y otorgar los títulos de Arquitecto, estableciendo las disciplinas y conocimientos necesarios y derivando con el paso del tiempo en lo que hoy conocemos como Colegios Profesionales de Arquitectos. A petición de los mismos, Nuestra Señora de Belén en su Huída a Egipto fue confirmada y declarada Patrona de todos los Arquitectos de España por el Papa Pío XII en septiembre de 1949.”
Feb
2
Ven
PFC (Titulación Arquitecto): procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria DEC 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Feb 2 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC DEC 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de xaneiro ás 14:00h

VENRES 2 DE FEBREIRO DE 2018
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 5 DE FEBREIRO DE 2018
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Feb
7
Mér
Conferencia PFC: “Revelando contornas dixitais”. José Antonio Vázquez Rodríguez @ Salón de Actos. PFC
Feb 7 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC:  “Revelando contornas dixitais”. José Antonio Vázquez Rodríguez @ Salón de Actos. PFC

CONFERENCIA PFC:

“Revelando contornas dixitais”. Optimización dos espazos de traballo para o desenvolvemento do Proxecto Fin de Carreira.

José Antonio Vázquez Rodríguez

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 7 de febreiro de 2018       16:00 h-19:00 h

Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
14
Mér
Palestra de Susana López Varela sobre Valparaíso H30: estratexias medioambientais fronte a escenarios de risco @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Feb 14 @ 12:00

 

Palestra de Susana López Varela sobre Valparaíso H30: estratexias medioambientais fronte a escenarios de risco.

Susana López é egresada pola ETSAC, doutora pola UPC e profesora na Universidade Diego Portales de Chile.

Organiza: Teoría da composición e patrimonio

Cando: mércores 14 de febreiro ás 12:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Conferencia PFC: “Poética e eficiencia”. Amparo Casares Gallego @ Salón de Actos. PFC
Feb 14 @ 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Poética e eficiencia”. Amparo Casares Gallego @ Salón de Actos. PFC

CONFERENCIA PFC:

“Poética e eficiencia”. Revelando algúns misterios do Proxecto Fin de Carreira.

Amparo Casares Gallego

Salón de Actos ETSAC

Mércores, 14 de febreiro de 2018       16:00 h-18:00 h

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Feb
15
Xov
Lectura da tese de doutoramento de María Marta Vilas Rodríguez @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Feb 15 @ 16:30

 

Lectura da tese de doutoramento de María Marta Vilas Rodríguez con título: “Arquitectura parroquial e desenvolvemento urbano. Vigo, século XX”

Director da tese: Esteban Fernández Cobián

Data: xoves 15 de febreiro de 2018, ás 16:30h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC