Calendar

Nov
22
Mér
Conferencia PFC: Idea arquitectónica (Parte II). Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 22 @ 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: Idea arquitectónica (Parte II). Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA

Fernando Agrasar Quiroga

Mércores 22 de novembro 2017       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Nov
29
Mér
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 29 @ 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: PROXECTO BÁSICO. INSTALACIÓNS

Ángeles Santos Vázquez

Mércores, 29 de novembro de 2017, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Nov
30
Xov
Xornada de formación: Como facer unha tese de doutoramento en arquitectura? @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Nov 30 @ 10:00

 

Xornada de formación na ETSAC: Como facer unha tese de doutoramento en arquitectura?

Intervirán: Débora Domingo (ETSAV) e Paulo Cruz (Universidade do Minho)

Entrada libre

Data: xoves 30 de novembro de 2017, ás 10:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

Máis información: xornada de formacion

Dec
11
Lun
PFC (Titulación Arquitecto): procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria extraordinaria 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Dec 11 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 27 de novembro ata o xoves 7 de decembro ás 14:00h

LUNS 11 DE DECEMBRO DE 2017

Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
  • Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor.
  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle: ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Dec
15
Ven
Novos arquitectos ETSAC 2017: acto académico + palestra de Anupama Kundoo @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 15 @ 14:00

 

O vindeiro venres 15 de decembro celebraremos por cuarta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada ANUPAMA KUNDOO https://www.anupamakundoo.com/ baixo o título “Building knowledge, building community”.

A arquitecta india recolle, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2017, mentras escoitamos ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps.

Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados.

Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 cartaz

Dec
20
Mér
Palestra do profesor Iago Seara sobre tecnoloxías construtivas históricas @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 20 @ 11:30 – 13:00

O profesor Iago Seara Morales dará a palestra “Tecnoloxías Construtivas Históricas: o campanario de San Martiño Pinario e a Catedral de Tui” dentro da materia de Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica do MURA que imparte o profesor Manuel Freire Tellado. O evento está aberto a toda a ETSAC.

Cando: mércores 20 de decembro de 2017, ás 11:30h

Onde: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

 

Dec
21
Xov
Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o premio Carlo Scarpa de xardíns 2017 @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 21 @ 12:00

 

Palestra de Juan Manuel Palerm sobre o International Carlo Scarpa Prize for Gardens 2017, Fondazione Benetton. Nesta edición o premio concedeuse ao Xardín dos Cactus de César Manrique, Lanzarote

Cando: xoves 21 de decembro de 2017, ás 12:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Dec
22
Ven
Casa-estudo para un pintor: presentación e debate @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 22 @ 10:00

 

Presentación-debate de Proxectos 4 en torno á casa-estudo para un pintor coa intervención dos autores Manuel Quintana Martelo, Oscar Cabana e Carlos Maño, xunto a profesores e alumnos da materia.

Cando: venres 22 de decembro de 2017, ás 10:00h

Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0

Xan
3
Mér
Aviso: corte subministración eléctrica por mantemento dos Centros de Transformación
Xan 3 @ 10:30 – 21:00

Dende o Servizo de arquitectura, urbansmo e equipamentos da UDC indícannos os horarios para a realización dos mantementos nos centros de transformación e aproveitamento para probas en carga de grupos electróxenos no nadal de 2017.

03.01.2018. 11:00h. ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA.
03.01.2018. 15:30h. EDIFICIO DEPARTAMENTOS ETSAC

“Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.”

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

Xan
8
Lun
Luns, 8 de xaneiro, celebración da patroa da escola
Xan 8 all-day

O luns 8 de xaneiro a Escola e o edificio de departamentos estarán pechados pola celebración da nosa señora de Belén patroa dos arquitectos.

Extracto da páxina web Introdución á Arquitectura por Antonio S. Rio
En el año 1749, la Real Congregación de Nuestra Señora de Belén elabora las Ordenanzas para el mejor regimiento y seguridad de las obras y edificios del Reino. En esas Ordenanzas queda la Congregación con la potestad exclusiva de examinar y otorgar los títulos de Arquitecto, estableciendo las disciplinas y conocimientos necesarios y derivando con el paso del tiempo en lo que hoy conocemos como Colegios Profesionales de Arquitectos. A petición de los mismos, Nuestra Señora de Belén en su Huída a Egipto fue confirmada y declarada Patrona de todos los Arquitectos de España por el Papa Pío XII en septiembre de 1949.”