Calendar

Mai
12
Ven
Cidade e participación: o barrio da Gaiteira-Os Castros @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Mai 12 @ 12:00

 

Debate na Escola sobre “Cidade e participación: o barrio da Gaiteira-Os Castros” no que participarán: Paulo Sexto e Emilio Vega, respectivamente presidente e vogal da AAVV A Gaiteira-Os Castros, e os profesores da ETSAC Xan Casabella López e Xosé Manuel Vázquez Mosquera. Moderará: Fernando Agrasar, director da ETSAC

Organización: AAVV A Gaiteira-Os Castros e ETSAC

Data: venres 12 de maio de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

“BIM ADOPTION ” Nova reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia na ETSAC
Mai 12 @ 16:30 – 19:30

O vindeiro venres día 12 de maio ás 16:30 celebrarase na ETSAC unha nova reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia, a arquitecta Diana Galvache falaranos sobre o proceso de “ADOPCION BIM” nunha contorna familiar.

A reunión está aberta a todos os interesados, non é necesario ningún coñecemento previo, pero se moito interese en aprender a importancia da adopción de procesos BIM na nosa contorna de traballo e formación. No Meetup do grupo pódese consultar máis información, así como acceder á gravación das sesións celebradas ata a data.

Vémonos o venres

Mai
25
Xov
Centro de linguas: xornada informativa na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0,
Mai 25 @ 12:00

Xornada informativa do Centro de Linguas para o Campus da Zapateira, dirixida a:

-Alumnado que teña a intención de realizar unha mobilidade internacional no curso 2018/19

-Alumnado de dobres titulacións internacionais

-Alumnado de graos bilingües

Data: xoves, 25 de maio de 2017, ás 12:00h

Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0

 

Máis información: http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_UDC/cursos_idiomas/index.html?language=gl

Xuñ
2
Ven
PFC: procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria xuño 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Xuñ 2 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC XUÑO 2017

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de maio ás 14:00h

VENRES 2 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 5 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Xuñ
5
Lun
REUNIÓN INFORMATIVA PFG – PFC – PFM. Docencia curso 2017-18 @ AULA E-1. ETSAC
Xuñ 5 @ 12:00 – 14:30

Reunión informativa PFG – PFC – PFM (aula E-1)

Convócase a todos os alumnos e profesores interesados a unha reunión na que se informará sobre o calendario e estrutura da docencia para a elaboración, presentación e defensa do Proxecto Fin de Carreira nas titulacións impartidas na ETSAC

Cada titulación tratarase de forma individualizada de acordo co seguinte esquema:

12:00 – 12:45 PFG. 30 ECTS . Boloña 1. Grao en Arquitectura. (titulación habilitante)
12:45 – 13:00 PFC. Arquitecto plan antigo. (titulación extinguida)
13:00 – 14:00 PFM. 30 ECTS. Boloña 2. Máster Universitario en Arquitectura (titulación habilitante)

Ante a importancia dos temas para tratar rógase a asistencia a todos os interesados.

A dirección da ETSAC

Xuñ
9
Ven
IV Descenso urbanístico dende a ETSAC: Lugares comúns en espazos fragmentados
Xuñ 9 @ 10:00

 

IV Descenso urbanístico dende a ETSAC: Lugares comúns en espazos fragmentados que inclúe dous bloques baixo os títulos de Inxustizas espaciais e Estritamente bipolar. Intervirán: Federico López Silvestre e Diego Calvelo Álvarez + Miguel Nogueira Souto. Inscrición de balde a través dun correo electrónico a cidadeterritorio@udc.es

Organiza: GCeT, grupo de investigación

Responsable: prof. Juan Creus

Data: venres 09 de xuño de 2017

Lugar: Saída dende o edificio de departamentos da eTSAC

 

Xuñ
15
Xov
Plottéate @ Laboratorio de Deseño Asistido
Xuñ 15 @ 17:00 – 20:00

Sesión practica de plotteado desde plt’s, impresión e escaneado, eduroam, escritorios virtuais, e moito máis
Aberta a todos os alumnos da ETSAC.

Seminarios a cargo dos bolseiros da Aulas Net e Laboratorios dá ETSAC

Palestra: Estruturas de edificación con madeira: un mundo de posibilidades no MUNCYT A Coruña @ MUNCYT A Coruña
Xuñ 15 @ 19:30 – 20:30

O catedrático da ETSAC Javier Estévez Cimadevila impartira unha charla no MUNCYT que forma parte das accións divulgativas do VII Congreso Internacional de Estruturas que terá lugar na Coruña do 20 ao 22 de xuño.

O importante desenvolvemento tecnolóxico experimentado nos últimos anos e a actual preocupación pola ecoeficiencia e a sustentabilidade xerou un novo impulso no uso deste material. Na conferencia mostrarase, a través de numerosos exemplos construídos, as grandes posibilidades actuais que achegan as estruturas de madeira.

+info na páxina web do MUNCYT

Entrada libre ata completar aforo.

Xuñ
16
Ven
Lectura da tese de doutoramento de Patricia Muñiz Núñez @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xuñ 16 @ 11:00

 

Lectura da tese de doutoramento de Patricia Muñiz Núñez con título: “Vivendas prefabricadas en procesos de aloxamento de transición para refuxiados e desprazados internos, Haití, Xapón, Siria 2010-16”

Directores da tese: Elisa Valero (ugr) e Juan Creus (UDC)

Data: venres 16 de xuño de 2017, ás 11:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC

Xuñ
23
Ven
Grao en Estudos de Arquitectura. 23.06.2017 Defensa TFG (6 ECTS) @ Sala de Graos
Xuñ 23 @ 10:00 – 12:00

B2.TFG. Alumnos admitidos para a defensa (Etapa E4)

Nome Tema área Tutor
1 10:00 Noelia Touriñan Pereiro Lina Bobardi. Espazo Publico en Sao Paulo Proyectos arquitectónicos Amparo Casares Gallego
2 10:20 Nuria Fernández Areán Filial SEAT. A Coruña Proyectos arquitectónicos Andrés Fernández-Albalat Lois
3 10:40 Paula Paraná Moreno La vivienda refugio en Galicia. Desde sus origenes a la actualidad Proyectos arquitectónicos Mónica Mesejo Conde

TRIBUNAL

María Carreiro Otero. Presidenta
Juan Creus Andrade. Vocal
Enrique Blanco Lorenzo. Secretario.

Convócase a os alumnos ao acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no salón de Grao do Edificio de Departamentos da ETSAC as 10:00h. do venres 23.06.2017

A dirección do centro,

 

A Coruña, 12.06.2017