Calendar

Mar
10
Ven
Programa de mellora da empregabilidade na ETSAC: seminario do módulo II @ Salón de Graos. Edificio de Departamentos da ETSAC.
Mar 10 @ 10:00 – 13:00

Seminario módulo II do Programa de mellora da empregabilidade na ETSAC:

MÓDULO 2.-  SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL: INTRODUCCIÓN AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS- 3 HS.
Axuda para desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas para avaliar aos/ás candidatos/as . Abarcarase o curriculum vitae, a entrevista de traballo, a dinámica de grupos e recursos para a busca de emprego ou prácticas.

A inscrición de balde é imprescindible.

NOVO Lugar: Salón de Graos, edificio de departmentos da ETSAC

Máis información, inscricións e créditos:

Cartaz_PMEC_ETSAC

http://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros/

http://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros/programa_mellora_empregabilidade_curso_2016-17.html

 

Galardoados nos concursos “A madeira como material estrutural” e “A madeira na arquitectura” @ Salón de actos ETSAC. andar 0
Mar 10 @ 12:00 – 14:00

Coa colaboración de Confemadera, Confederación Galega de Empresarios da Madeira e o Grupo de Estruturas de Madeira da UDC, o xurado, tras a apertura das plicas, fixo público o nome dos galardoados:

A madeira como material estrutural

  • Primeiro Premio:
    Ritmo, Laricio e Hito. Autor: Soraya López García
  • Accesit
    Infraestructura Social. Autor: Elena Junquera Quintás

A madeira como material na arquitectura

  • Primeiro Premio
    Obra Viva. Adrián Moa González
  • Accesit
    El Diálogo entre la Ciudad y el Mar. Fátima Loira Beceiro

Parabens aos premiados.

Os traballos están expostos no andar “0” da ETSAC

 

Intervención en estruturas de madeira. Historia construtiva da madeira en Galicia @ Salón de Graos. Edificio de Departamentos da ETSAC.
Mar 10 @ 17:30 – 19:30

Palestra de peche da materia “Patoloxía e recuperación de estruturas de madeira do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

Mar
15
Mér
Prearquitectura do espazo público: palestra de Javier Fernández Muñoz @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Mar 15 @ 10:00 – 12:00

 

Palestra PREARQUITECTURA DO ESPAZO PÚBLICO que impartirá Javier Fernández Muñoz, arquitecto xefe de servizo da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago de Compostela. O evento está aberto ao público.
Coordinación: Taller 01 PFC (Paiosaco)

Data: mércores, 15 de marzo de 2017, ás 10:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

Palestras do profesor alemán Jan Mugele na ETSAC / Lectures by German prof. Jan Mugele at ETSAC @ Salon de actos da ETSAC, andar 0
Mar 15 @ 11:00

 

Palestras do profesor Jan Mugele da Universidade de Magdeburgo (Alemaña):

Lectures by prof. Jan Mugele, Magdeburg-Stendal University (Germany):

Datas / dates:

-mércores 15 de marzo de 2017, ás 11:00h, sobre “O uso enerxético eficiente dos edificios” / Wednesday 15 March, 11:00am, on “Efficient energy use in buildings”

-xoves 16 de marzo de 2017, ás 12:00h, sobre “Instalacións de calefacción e ventilación” / Thursday 16 March, 12:00, on “Utility planning and design. Heating and ventilation systems”.

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0 / ETSAC auditorium, ground floor

 

Conferencia PFC: “Proxecto de Execución: Estrutura” Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC
Mar 15 @ 16:00 – 18:00
Conferencia PFC: “Proxecto de Execución: Estrutura” Juan Pérez Valcárcel @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC: Proxecto Execución

Estruturas

Juan Pérez Valcárcel

Mércores, 15 de marzo de 2017, 16:00 h-18:00 h

Salón de Actos ETSAC

 

A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Mar
16
Xov
Palestras do profesor alemán Jan Mugele na ETSAC / Lectures by German prof. Jan Mugele at ETSAC @ Salon de actos da ETSAC, andar 0
Mar 16 @ 11:00

 

Palestras do profesor Jan Mugele da Universidade de Magdeburgo (Alemaña):

Lectures by prof. Jan Mugele, Magdeburg-Stendal University (Germany):

Datas / dates:

-mércores 15 de marzo de 2017, ás 11:00h, sobre “O uso enerxético eficiente dos edificios” / Wednesday 15 March, 11:00am, on “Efficient energy use in buildings”

-xoves 16 de marzo de 2017, ás 12:00h, sobre “Instalacións de calefacción e ventilación” / Thursday 16 March, 12:00, on “Utility planning and design. Heating and ventilation systems”.

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0 / ETSAC auditorium, ground floor

 

Mar
20
Lun
Palestra do escultor Samuel Castro: proxectar no tempo @ Aula Especial 2, andar -1 da ETSAC
Mar 20 @ 11:00

 

O escultor Samuel Castro presentará un resumo da súa tese de doutoramento, co título: Proxectar no tempo. Morfoloxías biorreceptivas en superficies urbanas de Galicia, na que se indaga sobre o que teñen de específico as obras de arte destinadas á intemperie. Desde unha postura híbrida, se achega aos monumentos contemporáneos co obxectivo de entender a súa evolución superficial (deterioros, oxidacións, ensuciamentos e, sobre todo, asentamentos vexetais).

Organizan: Proxectos 5, Proxectos 6 e o grupo de investigación pARQc

Data: luns 20 de marzo de 2017, ás 11:00h

Lugar: Aula E2, andar -1 da ETSAC

 

Sculptor Samuel Castro will present a summary of his doctoral thesis, entitled: Projecting into time. Biofeed morphologies on urban surfaces in Galicia, in which he investigates on specific aspects of the works of art meant to be positioned outdoors. From a hybrid position, he approaches different contemporary monuments trying to understand its surface evolution (deterioration, oxidation, dirt and, above all, vegetable growth).

Día internacional das mulleres na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Mar 20 @ 12:00

 

Día internacional das mulleres na ETSAC, acto institucional presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde.

-Inauguración da exposición “María del Milagro Rey Hombre, arquitecta 1930-2014” na biblioteca da ETSAC

-Palestra da profesora da ETSAM, Inés Sánchez de Madariaga: “Mulleres na arquitectura española: situación e perspectivas”

Organiza: Oficina para a igualdade de xénero da UDC

Colabora: MAGA

Data: luns, 20 de marzo de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos da eTSAC, andar 0

 

 

Mar
21
Mar
Palestra dos profesores belgas Hannes e Cuyvers sobre ecoturismo en Tanzania / Lecture on eco-tourism in Tanzania by Belgian prof. Hannes and Cuyvers @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0 / Lecture Hall, ground floor
Mar 21 @ 11:00

 

Palestra dos profesores Els Hannes e Rob Cuyvers da Universidade de Hasselt (Flandes-Bélxica) sobre “Desenvolvemento de proxectos estratéxicos de ecoturismo en Dar es Salaam, Tanzania: un enfoque baseado na investigación a través do deseño”

Data: martes 21 de marzo de 2017, ás 11:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

Lecture by prof. Els Hannes and prof. Rob Cuyvers, Universiteit Hasselt (Flanders-Belgium) on “Developing strategic eco-tourism projects in Dar es Salaam, Tanzania: a research by design approach”

Date: Tuesday 21 March, 11:00am

VenueLecture hall, ground floor