Palestra do profesor da ETSAC Juan B. Pérez Valcárcel sobre estruturas e ideación proxectual. O evento, organizado pola materia Proxectos 1, está aberto ao público.
Data: xoves 16 de febreiro de 2017, ás 16:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

CONFERENCIA PFC:
“O plano do cadro: afirmación da planta”
Fernando Blanco Guerra
Salón de Actos ETSAC
Mércores, 22 de marzo de 2017 16:00 h-19:00 h
Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións
Palestra na ETSAC sobre o Concurso PLADUR: rehabilitar para habitar, na súa XXVII edición, espazos habitables na cidade do Porto (Portugal).
Falarán: Natalia Agromayor e Mauricio Reboreda. Sistemas de particións lixeiras e illamento acústico DB-HR.
Data: xoves 23 de febreiro de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: http://www.rehabilitarparahabitar.com/

CONFERENCIA PFC:
“Revelando contornas dixitais”. Optimización dos espazos de traballo.
José Antonio Vázquez Rodríguez
Salón de Actos ETSAC
Martes, 7 de marzo de 2017 10:00 h-15:00 h
Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións
Seminario módulo II do Programa de mellora da empregabilidade na ETSAC:
MÓDULO 2.- SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL: INTRODUCCIÓN AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS- 3 HS.
Axuda para desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas para avaliar aos/ás candidatos/as . Abarcarase o curriculum vitae, a entrevista de traballo, a dinámica de grupos e recursos para a busca de emprego ou prácticas.
A inscrición de balde é imprescindible.
NOVO Lugar: Salón de Graos, edificio de departmentos da ETSAC
Máis información, inscricións e créditos:
http://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros/
http://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros/programa_mellora_empregabilidade_curso_2016-17.html
Coa colaboración de Confemadera, Confederación Galega de Empresarios da Madeira e o Grupo de Estruturas de Madeira da UDC, o xurado, tras a apertura das plicas, fixo público o nome dos galardoados:
A madeira como material estrutural
- Primeiro Premio:
Ritmo, Laricio e Hito. Autor: Soraya López García - Accesit
Infraestructura Social. Autor: Elena Junquera Quintás
A madeira como material na arquitectura
- Primeiro Premio
Obra Viva. Adrián Moa González - Accesit
El Diálogo entre la Ciudad y el Mar. Fátima Loira Beceiro
Parabens aos premiados.
Os traballos están expostos no andar “0” da ETSAC
Palestra de peche da materia “Patoloxía e recuperación de estruturas de madeira do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura.