Palestra do arquitecto Manolo Gallego que falará sobre o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. A charla, organizada pola materia Comunicación Gráfica en Arquitectura, está aberta a todos aqueles que estedes interesados.
Data: luns 06 de febreiro de 2017, ás 18:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Lectura da tese de doutoramento de Francisco Javier Novoa Rodríguez: “Óscar Niemeyer: debuxo e didáctica a través do mito”
Director de tese: Juan Manuel Franco Taboada
Data: martes, 07 de febreiro de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salon de graos, edificio de departamentos da ETSAC
conferencia abierta a toda la comunidad universitaria. Salón de actos ETSAC 12:00
Robert Brufau. Dr. arquitecto. +info>
O vindeiro venres 10 de febreiro celebraremos por terceira vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2016, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra dos nosos convidados, nesta ocasión aceboXalonso. Os arquitectos VICTORIA ACEBO e ÁNGEL ALONSO recollen o relevo do catalán Toni Gironés e do portugués Joao Mendes Ribeiro.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2016, mentras escoitamos ao dúo de jazz Pablo Añón e Rubén Deschamps.
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados!
Por amor á arte é un seminario sobre investigación en Teoría da Arquitectura, aberto a todos os investigadores da ETSAC.
Presentación: Fernando Agrasar, director da ETSAC
Data: luns 13 de febreiro 2017, ás 11:00h
Lugar: Sala de xuntas, edificio de departamentos da ETSAC
Máis información: Seminario PAA
Palestra do profesor da ETSAC Juan B. Pérez Valcárcel sobre estruturas e ideación proxectual. O evento, organizado pola materia Proxectos 1, está aberto ao público.
Data: xoves 16 de febreiro de 2017, ás 16:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

CONFERENCIA PFC:
“O plano do cadro: afirmación da planta”
Fernando Blanco Guerra
Salón de Actos ETSAC
Mércores, 22 de marzo de 2017 16:00 h-19:00 h
Aconséllase asistir con portátil, a conferencia completarase con práctica no Laboratorio de Deseño Asistido
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións
Palestra na ETSAC sobre o Concurso PLADUR: rehabilitar para habitar, na súa XXVII edición, espazos habitables na cidade do Porto (Portugal).
Falarán: Natalia Agromayor e Mauricio Reboreda. Sistemas de particións lixeiras e illamento acústico DB-HR.
Data: xoves 23 de febreiro de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: http://www.rehabilitarparahabitar.com/