Calendar

Out
31
Lun
VII FIERA na ETSAC: Feira Internacional de Revistas de Arquitectura
Out 31 – Nov 4 all-day

fiera_1

 

A ETSAC acolle a FIERA 2016, Feira internacional de revistas de arquitectura do 31 de outubro ao 04 de novembro cunha exposición de libros e publicacións que rematará o venres 04 cunha xornada:

9,30 apertura. Palabras do director da ETSAC e de Juan Miguel Ochotorena en nome de AS20

10,00 BAC

10,30 DARDO Magazine

11.00 Tres revistas portuguesas: T-plus-u, Punkto e Jackbackpack

11.45 Descanso

12.30 Magazines da Coruña: Bartlebooth e Resina

13.00 CDO, Revista de FEUP (Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto)

13.30 AS20, Ultimo Arquitecturas de Autor: Vasa Perovic, Lacaton&Vasal, Luis Rojo, Mathias Klotz. Proxectos en marcha: Bruno Taut, Mendelssohn, BAL

14.00 Xantar

17.00 Entrega do Premio FIERA 2016  á Revista Oris. Palestra de Andrija Rusan: revista Oris.  Arquitectura de Croacia

18.00 Mesa redonda: Carlos Quintáns, Andrija Ruslan, Juan Miguel Ochotorena e Fernando Agrasar

Nov
2
Mér
CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Parte II) Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 2 @ 16:00 – 19:00
CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Parte II)  Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC

CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Parte II)

Fernando Agrasar Quiroga

Mércores 2 de novembro 2016       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións

Nov
9
Mér
Encontro de investigadores: Aproximación metodolóxica ao estudo da vivenda @ Sala de Xuntas do edificio de departamentos da ETSAC
Nov 9 all-day

gaus_1

Encontro de investigadores: Aproximación metodolóxica ao estudo da vivenda. Intervirán os profesores da ETSAC, José Ramón Alonso, María Carreiro, Inés Pernas, Paula Fernández-Gago, Mónica Mesejo, Cándido López e Eduardo Caridad. Como convidados, se contará coa presenza de: Juan Luis Trillo, Atxu Amann e Carmen Abad, das universidades de Sevilla, Madrid e Zaragoza, respectivamente.

Organización: GAUS, grupo de arquitectura e urbanismo sostible

Datas: mércores a venres, 09 a 11 de novembro de 2016

Lugar: Sala de Xuntas do edificio de departementos da ETSAC

Máis información e programa completo: programa-do-encontro

Palestra sobre sistemas de portas corredeiras @ Salón de actos ETSAC, andar 0
Nov 9 @ 12:00

klein_1

 

Palestra sobre sistemas de portas corredeiras por representantes da empresa Klein Ibérica, organizado como actividade do Taller 5 de terceiro curso. Intervirán Alberto David Boix e José Francisco Sobrino.

Data: mércores, 09 novembro 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
CONFERENCIA PFC: DIMENSIÓN e ESTRUTURA. Conceptos de predimensionado Félix Leandro Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 9 @ 16:00 – 19:00
CONFERENCIA PFC: DIMENSIÓN e ESTRUTURA. Conceptos de predimensionado  Félix Leandro Suárez Riestra @ Salón de Actos. ETSAC
  • CONFERENCIA PFC: DIMENSIÓN e ESTRUTURA. Conceptos de predimensionado

  • Félix Leandro Suárez Riestra

  • Mércores 9 de novembro 2016       16:00h      Salón de Actos

 

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC de todas as titulacións.

Nov
11
Ven
Visita institucional á ETSAC do reitor da UDC @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Nov 11 @ 10:00

logoetsac-bn-630x200

O reitor da UDC, Julio Abalde, e membros do seu equipo de goberno visitarán a ETSAC o vindeiro venres, 11 de novembro, ás 10:00h.

Celebrarase unha xuntanza que terá lugar no salón de actos da Escola e onde se abordarán os temas que a comunidade académica lle propoña. Estades todos convidados, contamos coa vosa presenza.

 

logoudc0

 

 

Nov
14
Lun
Palestra do coreógrafo Javier Martín na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 14 @ 12:00

javiermartin_1

 

Palestra de Javier Martín , coreografo: CsO_como construír un corpo sen órganos. Articúlase en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, relacionando as características escénicas con entornos non especificamente artísticos vinculados co performativo e a memoria. O que se pretende é comunicar as ferrramentas propioceptivas e de xestión dos arredores que desde as artes do movemento se están a destilar, cunha intención de corte etnográfico e transversal.

Organiza: pARQc, grupo de investigación Proxecto, Arquitectura e Cidade

Data: luns, 14 de novembro, ás 12:00h

Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

 

 

 

 

 

Nov
15
Mar
Mapping Caracas: palestra de Henry Vicente na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 15 @ 09:00

torredavid_1

 

Mapping Caracas: Controversias na arquitectura social en Venezuela, 1999-2016. Palestra do profesor Henry Vicente Garrido, Universidade Simón Bolívar de Caracas (Venezuela)

Unha lección da materia Análise Arquitectónica, aberta a toda persoa interesada.

Data: martes 15 de novembro, ás 09:00h

Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

 

Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA @ Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes
Nov 15 @ 20:00 – 21:00
Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA @ Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes | A Coruña | Galicia | España

PALESTRA DE LUZ PAZ AGRAS: MARTES DAS ARTES NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

O martes día 15 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Arquitectura de Re-acción. Unha lectura de proxectoa á marxe” impartida por Dª. Luz Paz Agras, Doutora Arquitecta e profesorado Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña.

A raíz da actual crise económica, a arquitectura veuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a poñer en tela de xuizo o seu papel na sociedade. Nos últimos anos, foi identificada exclusivamente co seu rol de construcción, movéndose entre dúas posicións extremas pero ámbalas dúas froito dunha época de despilfarro económico: por unha parte, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela y por outra, a especulación constructiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria.

Asumido o resultado fallido de ámbolos dous modelos, experiencias que naceron en paralelo á propia crise da disciplina, pero moi dentro desta, amosan xeitos de actuación inconformistas e propositivos. Accións que enfocan o seu obxectivo cara o achegamento da sociedade á arquitectura a través da ensinanza conviven con outras nas que a participación cidadana se converte no principal material de proxecto, pasando polas que se posicionan con actitudes críticas. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados nestos últimos anos, trázase o panorama da arquitectura de re-acción: inmaterial, efímera e activista.

+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/noticias.asp?idNoticia=400&tipo=1

Nov
16
Mér
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 16 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións

Ángeles Santos Vázquez

Mércores, 16 de novembro de 2016, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura