Periféricos, miradoiro terceiro, nesta ocasión en torno a Venezia. Dirixido polos profesores Patricia Sabín e Enrique Blanco, contará coa intervención de Fernando Agrasar, Creus e Carrasco, Luz Paz, Carlos Quintáns e Lucio + Cancela.
Nun mundo que se conta como global, todos nós pertencemos ao centro, ao tempo que á periferia. Posicionarse intelectual ou xeograficamente na periferia, da periferia, dende a periferia, cara á periferia… supón reflexións e procesos de investigación no proxecto, de coñecemento e acercamento á realidade dunhas arquitecturas para a súa experimentación, interpretación e vivencia dun xeito o mais amplo posible.
Periféricos aspira a poñer de manifesto esas reflexións a través das experiencias persoais dos invitados coas súas particulares miradas. Nesta ocasión, cara a Venecia.
Data: martes 25 de outubro, ás 09:30h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Conferencia Premio Schindler de Arquitectura 2016/2017 “A las soluciones de movilidad / accesibilidad”
Martes 25 de octubre a las 11:00 h en el Salón de Actos de la ETSAC
Bases: bases-concurso-local-arquitectura-2016-2017
+ información Schindler Award ( Premio Internacional):
A ETSAC acolle a FIERA 2016, Feira internacional de revistas de arquitectura do 31 de outubro ao 04 de novembro cunha exposición de libros e publicacións que rematará o venres 04 cunha xornada:
9,30 apertura. Palabras do director da ETSAC e de Juan Miguel Ochotorena en nome de AS20
10,00 BAC
10,30 DARDO Magazine
11.00 Tres revistas portuguesas: T-plus-u, Punkto e Jackbackpack
11.45 Descanso
12.30 Magazines da Coruña: Bartlebooth e Resina
13.00 CDO, Revista de FEUP (Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto)
13.30 AS20, Ultimo Arquitecturas de Autor: Vasa Perovic, Lacaton&Vasal, Luis Rojo, Mathias Klotz. Proxectos en marcha: Bruno Taut, Mendelssohn, BAL
14.00 Xantar
17.00 Entrega do Premio FIERA 2016 á Revista Oris. Palestra de Andrija Rusan: revista Oris. Arquitectura de Croacia
18.00 Mesa redonda: Carlos Quintáns, Andrija Ruslan, Juan Miguel Ochotorena e Fernando Agrasar
Encontro de investigadores: Aproximación metodolóxica ao estudo da vivenda. Intervirán os profesores da ETSAC, José Ramón Alonso, María Carreiro, Inés Pernas, Paula Fernández-Gago, Mónica Mesejo, Cándido López e Eduardo Caridad. Como convidados, se contará coa presenza de: Juan Luis Trillo, Atxu Amann e Carmen Abad, das universidades de Sevilla, Madrid e Zaragoza, respectivamente.
Organización: GAUS, grupo de arquitectura e urbanismo sostible
Datas: mércores a venres, 09 a 11 de novembro de 2016
Lugar: Sala de Xuntas do edificio de departementos da ETSAC
Máis información e programa completo: programa-do-encontro
Palestra sobre sistemas de portas corredeiras por representantes da empresa Klein Ibérica, organizado como actividade do Taller 5 de terceiro curso. Intervirán Alberto David Boix e José Francisco Sobrino.
O reitor da UDC, Julio Abalde, e membros do seu equipo de goberno visitarán a ETSAC o vindeiro venres, 11 de novembro, ás 10:00h.
Celebrarase unha xuntanza que terá lugar no salón de actos da Escola e onde se abordarán os temas que a comunidade académica lle propoña. Estades todos convidados, contamos coa vosa presenza.
Palestra de Javier Martín , coreografo: CsO_como construír un corpo sen órganos. Articúlase en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, relacionando as características escénicas con entornos non especificamente artísticos vinculados co performativo e a memoria. O que se pretende é comunicar as ferrramentas propioceptivas e de xestión dos arredores que desde as artes do movemento se están a destilar, cunha intención de corte etnográfico e transversal.
Organiza: pARQc, grupo de investigación Proxecto, Arquitectura e Cidade
Data: luns, 14 de novembro, ás 12:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0