Palestra do fotógrafo de arquitectura Juan Rodríguez sobre o libro SIZA x SIZA, organizada pola materia Análise Arquitectónica 1, grupos A e B. Entrada libre.
Data: mércores 09 de decembro de 2015, ás 10:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2015
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 9 de decembro ás 14:00h
VENRES 11 DE DECEMBRO DE 2015
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 14 DE DECEMBRO DE 2015
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Costa de Sousa: “O impacto dalgúns arquitectos do norte de Portugal no panorama da arquitectura contemporánea”
Director: José Antonio Franco Taboada
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Begoña Ces Fernández: “Os efectos do seísmo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia”.
Dirección: Ramón Yzquierdo Perrín
Titor: José Ramón Soraluce Blond
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:30h.
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Pablo Daniel García Carrillo: “Desenvolvemento dun sistema para a integración das instalacións na construción con fábrica vista de bloque de formigón”
Director: Joaquín Fernández Madrid
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 12:00h
Lugar: Aula Mestrados, edificio departamentos ETSAC, andar -2
O vindeiro venres 18 de decembro celebraremos por segunda vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2015, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o presente ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, actual vicerreitor e próximo reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.
Seguirá unha palestra do noso convidado, nesta ocasión JOAO MENDES RIBEIRO. O arquitecto luso recolle o relevo do catalán Toni Gironés.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2015.
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Lectura da tese de doutoramento de Ángel José Fernández Álvarez: “A arquitectura como interface. O paradigma informacional na nova arquitectura”.
Director da tese: José Antonio Franco Taboada
Data: luns 21 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Miguel Ángel Calvo Salve: “A experiencia da arquitectura de Marcel Breuer. Presenzas, materias, estruturas e composición”
Directora da tese: María Carreiro Otero
Tribunal: Carmen Espegel Alonso (presidenta), María Calado Marques (vogal) e José Ramón Alonso Pereira (secretario)
Data: luns 21 de decembro de 2015, ás 11:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Valentín B. Souto García: “As construcións como obxecto tributario”
Director: José Ramón Alonso Pereira
Data: martes 22 de decembro de 2015, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Luiz Carlos Zurbaran: “O problema da razón e da racionalidade na arquitectura moderna. Tipos de racionalidade na arquitectura moderna. Dos métodos aristotélicos á intuición en Oscar Niemeyer”
Director: Juan Manuel Franco Taboada
Data: luns 11 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC