A ETSAC acollerá as xornadas TECNOLOXÍAS INFORMÁTICAS DA ARQUITECTURA o vindeiro xoves 15 de outubro, de 17:00 a 20:00h, dentro da campaña 1 MES 1 PROFESIÓN DIXITAL.
Relatores: Eloi Coloma Picó, Aitor Almaraz Sánchez, Luis Antonio Hernández Ibáñez e Pepe Vázquez Rodríguez.
Presentará o acto, o director da Escola, Fernando Agrasar.
Organiza: Colexio Profesional en Enxañaría Informática de Galicia e AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Xunta de Galicia
Máis información: http://profesionsdixitais.org/?xornada=11#inscricion
O escultor Pepe Galán (A Coruña, 1955) falará da súa obra no contexto dunha reflexión sobre o público, o efémero, a paisaxe, o material e o movemento.
Pepe Galán é o autor do Monumento as vítimas do Portiño, que simboliza o acontecido no intento de fuxida dun cento de persoas polo mar do Portiño, por mor da represión franquista. Esta obra é un importante referente simbólico no ámbito de actuación do Obradoiro 5C.
Organiza: PARQC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (P4|P5)
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Parte I
Antonio Raya de Blas
Mércores, 14 de outubro de 2015, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
REHABILITACIÓNS, palestra do profesor Andrés Reboredo no MURA, Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica, organizada polo departamento de Composición.
Data: xoves 22 de outubro de 2015, ás 12:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Lectura da tese de doutoramento “Da Fortificação Polar à Fortificação Fragmentada: um estudo da Transição Paradigmática entre a Idade Clássica e a Moderna”
Autor: Jayme Ferrer de Oliveira Soeiro Caetano de Carvalho
Director da tese: Juan Manuel Franco Taboada
Tribunal: José Ramón Soraluce (presidente), Federico Arévalo, Carmen Escoda, Concepción Porras e Antonio Amado (secretario)
Data: venres, 23 de outubro
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Seminarios de emprego UDC na ETSAC:
-28.10.2015, 10:00-13:00h: Seminario de preparación para enfrontarte aos procesos de selección das empresas
-11.11.2015, 10:00-13:00h: Seminario de fomento da cultura emprendedora
Inscripción de balde no correo electrónico: emprego.vedc@udc.es
Máis información:
Cartel_SeminarioPreparateProcesosSeleccionEmpresas_ETSAC
Cartel_SeminarioCulturaEmprendeora_ETSAC
Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Fin de Carreira.
Martín Fernández Prado
Mércores, 28 de outubro de 2015, 16:00 h-17:15 h
Salón de Actos ETSAC
Orde de presentación alfabetico por apelido iniciándose está vez pola letra A, tal e como figura na imaxe adxunta.
O tempo de exposición será de 15 minutos e asignaranse 10 mínutos adicionais nos cales o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións que considere.
O salón de actos estará reservado para a realización das probas da exposición o xoves 29 de outubro entre as 9:00 e as 21:00 horas.

Xornada de Investigación en Arquitectura a celebrar na ETSAC, o vindeiro venres 30 de outubro, coa presenza de Pilar Chías, directora da Escola de Arquitectura de Alcalá e Ricardo Cao, vicerreitor de Investigación da UDC. O evento é dirixido aos profesores da nosa Escola.
Organización: Vicerreitoría de Investigación da UDC e a ETSAC.
Inscripción: correo electrónico a etsacdir@udc.es antes do mércores 28.
Data: venres 30 de outubro, ás 11:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Palestra de Iago Seara sobre a documentación gráfica para o plano director da Catedral de Tui e a restauración do campanario de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela.
Organiza a materia do MURA, Técnicas de Levantamento Gráfico.
Data: venres 30 de outubro, ás 12:00h
Lugar: aula do MURA, edificio de departamentos da ETSAC