Calendario académico curso 2013/2014
Grao en Arquitectura
- 21.12.2013 (sábado) al 07.01.2014 (martes) Periodo no lectivo, ambos incluidos.
- 09.01.2014 (jueves) Fecha límite para la revisión de exámenes. ATENCIÓN: Fecha límite para cierre y firma digital de actas desde el centro.
- 10.01.2014 (viernes) Patrona del centro. La Escuela permanecerá cerrada.
Fecha límite para cierre y firma digital de actas.
Coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, sempre que as festividades da Universidade coincidan en martes ou en xoves celebraranse o luns ou o venres máis próximo; e se cadrasen en mércores trasladaranse ao venres. As que cadren en sábado, domingo ou festivo celebraranse o día lectivo anterior ou o seguinte.
No marco do IV Seminario Internacional de Vangarda, o profesor RAÚL ANTELO da Universidade Federal Santa Catarina do Brasil falará sobre FLÁVIO DE CARVALHO: A CIDADE COMO MUSEO IMAXINARIO
Data: 21 de xaneiro de 2014
Hora e Aula: 12:00h na E2 da ETSAC (Teoría da Composición)
Calendario académico curso 2013/2014
Grao en Arquitectura
A Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha actividade de reforestación participativa no Monte da Fraga.
Continuando coa súa programación, as bolseiras da OMA – UDC propoñen a realización desta actividade o xoves 30 de xaneiro de 2014.
A Coruña, 22 de xaneiro de 2014.
Continuando coas actividades de recuperación do Monte da Fraga, a Oficina de Medio Ambiente propón a realización dunha primeira acción para a reforestación do Monte da Fraga. Encol a esta actividade, realizouse previamente unha visita guiada e unha conferencia sobre este tema. Nos seguintes meses programarase outra acción que continúe as labores iniciadas na actividade do próximo día 30.
Programa da xornada:
A actividade se desenvolverá de 12:00h a 17:00h. O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Ciencias. As labores a realizar serán:
- Plantación das árbores: serán unha ducia de árbores que distribuiremos na contorna da zona onde se construíu a charca o curso pasado.
- Acondicionamento da charca. Desenvolveranse traballos de reconstrución das marxes da charca e dos elementos que estean deteriorados. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.
- Colocación de caixas niño.
Lugar de realización:
Monte da Fraga.
É preciso traer un bocadillo para o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achega a ferramenta necesaria para o desenvolvemento da actividade.
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse:
Correo-e: oma3@udc.es
Mais información: