Inicio das actividades académicas martes 29.01.2019
-
- Calendario académico 2018-2019
- B1G-B2G-B2M 2º cuadrimestre: horarios primeira semana 2018-2019 (21.01.2019)
- B1G-B2G-B2M 2º cuadrimestre: horarios curso académico 2018-2019 (21.01.2019)
- Resolución de cambios de grupo (27.09.2018)
- Asignación de grupos de docencia (09.08.2018)
- B1G – B2G – B2M Exames curso académico 2018-19 (10.06.2019)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
Jose María Abellán, arquitecto especialista en tecnoloxías BIM e o director da agrupación de arquitectos BiMMate que centra o seu traballo na utilización do BIM como ferramenta para a redacción de proxectos de arquitectura que tenta elevar o BIM ao seu seguinte nivel evolutivo propoñendo solucións construtivas, fluxos de traballo e desenvolvemento de aplicacións que faciliten aos arquitectos a adopción desta metodoloxía na súa actividade profesional.
Indicen na investigación como principal argumento, fronte aos que asimilan BIM a un mero modelado tridimensional, afastado dos requisitos técnicos e normativos demandados polo colectivo de arquitectos de arquitecto está demanda. A través da web www.bimmate.com, poñen a disposición do colectivo de arquitectos un interesante contido avanzado, un blogue especializado, un foro profesional para resolución de problemas e diversas aplicacións BIM para ampliar as capacidades iniciais do software, como un Xerador de Medicións e Orzamento automático ou un xerador de emprazamentos a través da lectura de diferentes fontes de información xeográfica.
Convócase o alumnado ó acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no Salón de Graos do Edificio de Departamentos da ETSAC as 09:00h. do venres 15.03.2019 segundo o seguinte orde:
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo ha disposición do alumnado da ETSAC, 31 entradas para acceder á Gala de entrega dos XVII Premios COAG que se celebrará en Ferrol este próximo venres 29 de marzo a partir das 20:00.
As entradas están dispoñibles na secretaría de dirección da ETSAC e poderán ser retiradas previa identificación.
Ante a gran demanda de entradas existente entre o colectivo profesional, aquelas que non fosen retiradas ás 12:00 h. do próximo xoves 28 de marzo retornaranse ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao que queremos agradecer a súa deferencia para posibilitar que o alumnado da ETSAC poida estar presente na gala.
A Dirección da Escola.
O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.
Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.
A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.