2º Cuadrimestre ETSAC 2017-2018
- Calendario académico 2017-2018
- B1G – B2G Horarios primeira semana 2º cuadrimestre (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G-B2G-B2M Horarios 2Q curso académico 2017-2018 (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G – B2G Distribución de grupos de docencia (15.09.2017)
- B1G – B2G – B2M – ARQ Exames curso académico 2017-18 (06.09.2017)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Resolución solicitudes cambio de grupo 2017-18
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
O próximo mércores 4 de abril ás 11.30h desenvolverase unha charla coloquio con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O título da charla é “Pensa en Verde” cara a unha infraestrutura verde, no Salón de Actos da ETSAC.
En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” “Grao en Estudos de Arquitectura” e “Máster Universitario en Arquitectura”
Descarga o arquivo en formato PDF
A Dirección da ETSAC
28 EDICIÓN CONCURSO PLADUR
Entrega e presentación de paneis
Luns 23 de abril de 2018.
Entrega: 17:00
Presentación: 17:00 – 19:00
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
+ información: https://www.pladur.com/es-es/arquitectos/concursos-premios/Paginas/xxviii-concurso-iberico-soluciones-constructivas-pladur.aspx

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO PFC SOSTENIBILIDADE “MYRIAM GOLUBOFF”
GreenCampus-ETSAC-OMA
O concurso foi concibido para poñer en valor e ofrecer un medio de difusión dos traballos realizados no Proxecto fin de carreira (PFC) que poñen especial atención á sustentabilidade de todas as titulacións de arquitectos titulados na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña nos dous últimos anos.
O xurado do concurso agradece aos participantes o seu interese e a alta calidade dos proxectos.
Esta actividade congrega a un total de 56 alumnos procedentes das Escolas de Arquitectura de Clermont-Ferrand (ENSACF – 37 alumnos), OTH de Ratisbona (9 alumnos), NUACA de Ereván (Armenia, 4 alumnos) e A Coruña (6 alumnos), ademais de profesores e representantes institucionais das entidades participantes. Os alumnos realizan as súas propostas sobre o Stadtlagerhaus Regensburg, un antigo sistema de silos no porto fluvial do Danubio en Ratisbona, actualmente aínda en uso. A intención das autoridades municipais, en colaboración coa Autoridade Portuaria, é converter ese ámbito nunha zona de servizos culturais para a cidade. Os alumnos propoñen un centro para a integración das Artes e a Cultura, nun programa moi aberto que busca, por unha banda, a asimilación do Patrimonio Industrial e, pola outra, a integración de refuxiados e desprazados a través das oportunidades que ofrece invitalos á sociedade a través da cultura.
Presentaranse un total de 26 proxectos, nunha xornada que ocupará ata as 9 da tarde. Ademais de destacar catro proxectos, un por Escola, otorgarase o Premio Rafael Baltar ao proxecto que, a xuízo do xurado internacional encargado de valoralos, teña máis calidade. O premio fai honra ao catedrático de Proxectos Arquitectónicos da UDC, Rafael Baltar, impulsor do convenio de colaboración IACOBUS que – dende os seus inicios en 1995 – leva xa 23 edicións consecutivas.
A presentación da xornada correrá a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde, o director da ETSAC, Fernando Agrasar, o profesor da UDC Felipe Peña, a coordinadora da NUACA de Ereván Emma Harutyunyan, o director da OTH – Arquitectura de Ratisbona, Andreas Emminger e o coordinador da ENSACF de Clermont-Ferrand Yvon Cottier.