2º Cuadrimestre ETSAC 2017-2018
- Calendario académico 2017-2018
- B1G – B2G Horarios primeira semana 2º cuadrimestre (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G-B2G-B2M Horarios 2Q curso académico 2017-2018 (30.01.2018 actualizada asignación de aulas)
- B1G – B2G Distribución de grupos de docencia (15.09.2017)
- B1G – B2G – B2M – ARQ Exames curso académico 2017-18 (06.09.2017)
- B2G Traballo Fin de Grao
- Resolución solicitudes cambio de grupo 2017-18
- Titorias do centro por docente
- Guías Docentes ETSAC
Dentro das actividades desenvolvidas polo taller 07, representantes da empresa Klein Ibérica SAU, especializada en sistemas de portas corredeiras, impartirán unha conferencia na que presentarán os seus produtos e sistemas.
Cando: luns 05 de marzo de 2018, ás 17:00h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: Conferencia KLEIN

Conferencias na ETSAC dentro das Xornadas de Bioconstrución OMA-UDC
06 de marzo, Salón de Actos da ETS de Arquitectura (A Zapateira)
- 12:00 h “Outra forma de vivenda: maneiras de habitar respectuosas co entorno e as persoas“
Iria Brandariz, arquitecta en Hábitat Social e Rosalidia Álvarez, arquitecta.
- 13:00 h “Rehabilitación de vivenda fronte ao cambio climático“
Santiago Pintos, arquitecto e profesor do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da ETSAC-UDC
Deseño estrutural con OPEN BIM: do modelo arquitectónico ao analise estrutural cun motor de cálculo de última xeración. 15 marz0 2018. ETSAC. Aberto a todos os interesados.
StruBIM Analysis ten integrado OpenSees, un motor de cálculo de recoñecido prestixio desenvolvido pola Universidade de California: Berkeley, para realizar cálculos complexos de xeito eficiente.

O vindeiro mércores 21 de marzo de 2018 ás 17:00, realizaremos unha visita á empresa Norvento do arquitecto Francisco Mangado. Coñeceremos o Centro de Innovación Norvento Enerxía, unha contorna de Enerxía Cero, a súa nova sede en Lugo, desconectada da rede eléctrica e 100% renovable.
Atoparémonos á 17:00 na entrada de NORVENTO LUGO:
Edif. CIne – Rúa Ramón Mª Aller Ulloa 23
Pol. As Gándaras
27003 Lugo
+ información: https://www.norvento.com/edificios-de-energia-cero/
A visita está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
O próximo mércores 4 de abril ás 11.30h desenvolverase unha charla coloquio con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O título da charla é “Pensa en Verde” cara a unha infraestrutura verde, no Salón de Actos da ETSAC.