DEPURACIÓN ECOLÓXICA E AUTOXESTIONADA
15 de novembro, 12:00 h
Salón de Actos. ETSAC (Arquitectura, A Zapateira)
Visita á planta piloto de humidais construídos
Por David de la Varga, da empresa Sedaqua, spin off da UDC
Inscricións en oma3@udc.gal
A depuración en humidais construídos adaptase a calquera nivel de escala, desde a vivenda unifamiliar, até aldeas e vilas duns poucos miles de habitantes. Trátase dun sistema de fitodepuración, depuración mediante plantas como xuncos, espadas ou carrizos, que non consume enerxía nin precisa de produtos químicos. Procesos naturais para unha vida máis sostible.
Nesta actividade poderás coñecer os fundamentos e as técnicas construtivas deste tipo de depuradora, a situación en Galiza, e mesmo visitar unha planta piloto demostrativa.
Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.
Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.
Seminario de emprendemento da UDC dentro do Programa de mellora da empregabilidade
Inscrición previa imprescindible: https://www.udc.es/emprego/formacion/emprendemento/seminario_emprendemento.html
Data: venres 17 de novembro de 2017, 11:00-14:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: CartazPMEC_Emprendemento_ETSAC
Xornada de formación na ETSAC: Como facer unha tese de doutoramento en arquitectura?
Intervirán: Débora Domingo (ETSAV) e Paulo Cruz (Universidade do Minho)
Entrada libre
Data: xoves 30 de novembro de 2017, ás 10:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Máis información: xornada de formacion
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 27 de novembro ata o xoves 7 de decembro ás 14:00h
LUNS 11 DE DECEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
- Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor.
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle: ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN