Seis olladas de preto: novena panorámica da arquitectura construída na proximidade.
Nesta edición intervirán: Nuria Prieto, Bals arquitectos, 2es+ oficina de arquitectura, Terceroderecha arquitectos e Estudionomada. Ao remate haberá unha mesa redonda.
Organización por parte dos profesores da ETSAC: Patricia Sabín, Enrique Blanco e Carlos Pita
Data: martes 24 de outubro de 2017, 10:00-15:00h
Máis información: Cartaz OLLADAS
DEPURACIÓN ECOLÓXICA E AUTOXESTIONADA
15 de novembro, 12:00 h
Salón de Actos. ETSAC (Arquitectura, A Zapateira)
Visita á planta piloto de humidais construídos
Por David de la Varga, da empresa Sedaqua, spin off da UDC
Inscricións en oma3@udc.gal
A depuración en humidais construídos adaptase a calquera nivel de escala, desde a vivenda unifamiliar, até aldeas e vilas duns poucos miles de habitantes. Trátase dun sistema de fitodepuración, depuración mediante plantas como xuncos, espadas ou carrizos, que non consume enerxía nin precisa de produtos químicos. Procesos naturais para unha vida máis sostible.
Nesta actividade poderás coñecer os fundamentos e as técnicas construtivas deste tipo de depuradora, a situación en Galiza, e mesmo visitar unha planta piloto demostrativa.
Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.
Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.
Seminario de emprendemento da UDC dentro do Programa de mellora da empregabilidade
Inscrición previa imprescindible: https://www.udc.es/emprego/formacion/emprendemento/seminario_emprendemento.html
Data: venres 17 de novembro de 2017, 11:00-14:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: CartazPMEC_Emprendemento_ETSAC