Roberto Molinos. Arquitecto (UPC 2007) e Máster de Estruturas (UPM 2010). CEO & co-fundador Modelical. Leva mais de 10 anos traballando con BIM e ferramentas paramétricas, axudando a arquitectos, enxeñeiros, construtores e clientes finais a sacar todo o partido á información construída.
“…contar, demostrar y convencer a otros de que se puede ser arquitecto de muchas formas y aparte de dar clase (no he dejado la universidad desde que entré en ella en 2001) me meto en jardines como DossierOne o Algomad.”
mércores 11 Outubro. 12:30h.
Salon de Actos
ETSAC
Seis olladas de preto: novena panorámica da arquitectura construída na proximidade.
Nesta edición intervirán: Nuria Prieto, Bals arquitectos, 2es+ oficina de arquitectura, Terceroderecha arquitectos e Estudionomada. Ao remate haberá unha mesa redonda.
Organización por parte dos profesores da ETSAC: Patricia Sabín, Enrique Blanco e Carlos Pita
Data: martes 24 de outubro de 2017, 10:00-15:00h
Máis información: Cartaz OLLADAS
DEPURACIÓN ECOLÓXICA E AUTOXESTIONADA
15 de novembro, 12:00 h
Salón de Actos. ETSAC (Arquitectura, A Zapateira)
Visita á planta piloto de humidais construídos
Por David de la Varga, da empresa Sedaqua, spin off da UDC
Inscricións en oma3@udc.gal
A depuración en humidais construídos adaptase a calquera nivel de escala, desde a vivenda unifamiliar, até aldeas e vilas duns poucos miles de habitantes. Trátase dun sistema de fitodepuración, depuración mediante plantas como xuncos, espadas ou carrizos, que non consume enerxía nin precisa de produtos químicos. Procesos naturais para unha vida máis sostible.
Nesta actividade poderás coñecer os fundamentos e as técnicas construtivas deste tipo de depuradora, a situación en Galiza, e mesmo visitar unha planta piloto demostrativa.
Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.
Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.