CARTOGRAFÍAS TÉXTILES é un proxecto artístico que Rosario Belda brinda á comunidade universitaria, consistente nunha palestra sobre a súa obra, unha exposición que recolle cinco dos seus traballos (Betanzos, A Foz, Yerbabuena, Báltico e Grassy) e un obradoiro aberto á participación de alumnos e docentes da ETSAC e doutras facultades da UDC.
As súas cartografías téxtiles son unha forma de interpretar a realidade, mapas reinventados con teas e fíos. Os resultados finais son visións persoais e creativas do lugar.
Rosario Belda parte da experiencia sensorial, tan usada durante a súa carreira como profesora, para crear mapas textís. A súa formación artística foi e é autodidacta, baseada nos seus intereses e no momento.
ABERTA INSCRIPCIÓN para o OBRADOIRO que se fará, por rigoroso orde de chegada, na dirección da ETSAC. O número de prazas está limitado a 15 persoas. A inscripción para o obradoiro é de balde. Os interesados levarán computadora persoal e materiais textís para compartir.
Datas e lugares:
-Palestra: xoves 20 de abril de 2017, ás 12:00h, no salón de actos da ETSAC
-Obradoiro: mércores e xoves, 03 e 04 de maio de 2017, 16:00h-19:30h, aula 2.10 ETSAC
-Exposición: inauguración 20 de abril de 2017, ás 12:00h
Máis información:
https://beldabelda.wordpress.com/category/textiles/
https://beldabelda.wordpress.com/category/mapas/
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC XUÑO 2017
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de maio ás 14:00h
VENRES 2 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 5 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Reunión informativa PFG – PFC – PFM (aula E-1)
Convócase a todos os alumnos e profesores interesados a unha reunión na que se informará sobre o calendario e estrutura da docencia para a elaboración, presentación e defensa do Proxecto Fin de Carreira nas titulacións impartidas na ETSAC
Cada titulación tratarase de forma individualizada de acordo co seguinte esquema:
12:00 – 12:45 PFG. 30 ECTS . Boloña 1. Grao en Arquitectura. (titulación habilitante)
12:45 – 13:00 PFC. Arquitecto plan antigo. (titulación extinguida)
13:00 – 14:00 PFM. 30 ECTS. Boloña 2. Máster Universitario en Arquitectura (titulación habilitante)
Ante a importancia dos temas para tratar rógase a asistencia a todos os interesados.
A dirección da ETSAC
IV Descenso urbanístico dende a ETSAC: Lugares comúns en espazos fragmentados que inclúe dous bloques baixo os títulos de Inxustizas espaciais e Estritamente bipolar. Intervirán: Federico López Silvestre e Diego Calvelo Álvarez + Miguel Nogueira Souto. Inscrición de balde a través dun correo electrónico a cidadeterritorio@udc.es
Organiza: GCeT, grupo de investigación
Responsable: prof. Juan Creus
Data: venres 09 de xuño de 2017
Lugar: Saída dende o edificio de departamentos da eTSAC
Sesión practica de plotteado desde plt’s, impresión e escaneado, eduroam, escritorios virtuais, e moito máis
Aberta a todos os alumnos da ETSAC.
Seminarios a cargo dos bolseiros da Aulas Net e Laboratorios dá ETSAC
O catedrático da ETSAC Javier Estévez Cimadevila impartira unha charla no MUNCYT que forma parte das accións divulgativas do VII Congreso Internacional de Estruturas que terá lugar na Coruña do 20 ao 22 de xuño.
O importante desenvolvemento tecnolóxico experimentado nos últimos anos e a actual preocupación pola ecoeficiencia e a sustentabilidade xerou un novo impulso no uso deste material. Na conferencia mostrarase, a través de numerosos exemplos construídos, as grandes posibilidades actuais que achegan as estruturas de madeira.
+info na páxina web do MUNCYT
Entrada libre ata completar aforo.
Lectura da tese de doutoramento de Patricia Muñiz Núñez con título: “Vivendas prefabricadas en procesos de aloxamento de transición para refuxiados e desprazados internos, Haití, Xapón, Siria 2010-16”
Directores da tese: Elisa Valero (ugr) e Juan Creus (UDC)
Data: venres 16 de xuño de 2017, ás 11:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC
B2.TFG. Alumnos admitidos para a defensa (Etapa E4)
Nome | Tema | área | Tutor | ||
1 | 10:00 | Noelia Touriñan Pereiro | Lina Bobardi. Espazo Publico en Sao Paulo | Proyectos arquitectónicos | Amparo Casares Gallego |
2 | 10:20 | Nuria Fernández Areán | Filial SEAT. A Coruña | Proyectos arquitectónicos | Andrés Fernández-Albalat Lois |
3 | 10:40 | Paula Paraná Moreno | La vivienda refugio en Galicia. Desde sus origenes a la actualidad | Proyectos arquitectónicos | Mónica Mesejo Conde |
TRIBUNAL
María Carreiro Otero. Presidenta
Juan Creus Andrade. Vocal
Enrique Blanco Lorenzo. Secretario.
Convócase a os alumnos ao acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no salón de Grao do Edificio de Departamentos da ETSAC as 10:00h. do venres 23.06.2017
A dirección do centro,
A Coruña, 12.06.2017
Lectura da tese de doutoramento de José Manuel Castro Vázquez con título: “A rehabilitación enerxética na arquitectura escolar. Cara o edificio rehabilitado Nzeb”
Directora da tese: María Jesús Dios Viéitez
Data: luns 26 de xuño de 2017, ás 11:30h
Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento da profesora Patricia Alonso Alonso con título: “An experimental and numerical study of hygrothermal behaviour of an open-joint ventilated facade in northwest Iberian Peninsula”
Director da tese: Joaquín Fernández Madrid
Data: martes 27 de xuño de 2017, ás 12:30h
Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC