CARTOGRAFÍAS TÉXTILES é un proxecto artístico que Rosario Belda brinda á comunidade universitaria, consistente nunha palestra sobre a súa obra, unha exposición que recolle cinco dos seus traballos (Betanzos, A Foz, Yerbabuena, Báltico e Grassy) e un obradoiro aberto á participación de alumnos e docentes da ETSAC e doutras facultades da UDC.
As súas cartografías téxtiles son unha forma de interpretar a realidade, mapas reinventados con teas e fíos. Os resultados finais son visións persoais e creativas do lugar.
Rosario Belda parte da experiencia sensorial, tan usada durante a súa carreira como profesora, para crear mapas textís. A súa formación artística foi e é autodidacta, baseada nos seus intereses e no momento.
ABERTA INSCRIPCIÓN para o OBRADOIRO que se fará, por rigoroso orde de chegada, na dirección da ETSAC. O número de prazas está limitado a 15 persoas. A inscripción para o obradoiro é de balde. Os interesados levarán computadora persoal e materiais textís para compartir.
Datas e lugares:
-Palestra: xoves 20 de abril de 2017, ás 12:00h, no salón de actos da ETSAC
-Obradoiro: mércores e xoves, 03 e 04 de maio de 2017, 16:00h-19:30h, aula 2.10 ETSAC
-Exposición: inauguración 20 de abril de 2017, ás 12:00h
Máis información:
https://beldabelda.wordpress.com/category/textiles/
https://beldabelda.wordpress.com/category/mapas/
Neste ano 2017 conmemórase o 25 aniversario da celebración de toda unha serie de feitos diferenciais que tiveron lugar en 1992: a Capitalidade Cultural Europea en Madrid, a Exposición Universal en Sevilla, os Xogos Olímpicos en Barcelona… un conxunto que foi presentado e visto no exterior das nosas fronteiras como un verdadero “Spanish Year”, un Ano de España, de trascendencia especial no marco da arquitectura.
A súa influencia extendeuse entón e exténdese aínda agora sobor da arquitectura de Galicia, o que permete e aconsella plantexar e mesmo dedicar esta edición das xornadas Modernidade e Contemporaneidade a analizar e revisar o legado do 92 dende a nosa Escola de Arquitectura.
Datas: 27 e 28 de abril de 2017
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información e inscricións: http://www.udc.gal/iala/actualidade/2017/Modernidadycontemporaneidad5.html
CONFERENCIA PFC:
“Proxecto de Execución: CTE DB SI – CTE DB SUA”. José Luis Martínez Raído
Salón de Actos ETSAC
Mércores, 10 de maio de 2017 16:00 h-19:00 h
A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Imaxe do recente premio COAG:
REFORMA Y AMPLIACIÓN DE CENTRO DOCENTE-ASISTENCIAL DOWN
JOSE LUIS MARTINEZ RAIDO | EMILIO RODRIGUEZ BLANCO
Pedralonga, Lugar de Pedralonga s/n CORUÑA (A)
Debate na Escola sobre “Cidade e participación: o barrio da Gaiteira-Os Castros” no que participarán: Paulo Sexto e Emilio Vega, respectivamente presidente e vogal da AAVV A Gaiteira-Os Castros, e os profesores da ETSAC Xan Casabella López e Xosé Manuel Vázquez Mosquera. Moderará: Fernando Agrasar, director da ETSAC
Organización: AAVV A Gaiteira-Os Castros e ETSAC
Data: venres 12 de maio de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
O vindeiro venres día 12 de maio ás 16:30 celebrarase na ETSAC unha nova reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia, a arquitecta Diana Galvache falaranos sobre o proceso de “ADOPCION BIM” nunha contorna familiar.
A reunión está aberta a todos os interesados, non é necesario ningún coñecemento previo, pero se moito interese en aprender a importancia da adopción de procesos BIM na nosa contorna de traballo e formación. No Meetup do grupo pódese consultar máis información, así como acceder á gravación das sesións celebradas ata a data.
Vémonos o venres
Xornada informativa do Centro de Linguas para o Campus da Zapateira, dirixida a:
-Alumnado que teña a intención de realizar unha mobilidade internacional no curso 2018/19
-Alumnado de dobres titulacións internacionais
-Alumnado de graos bilingües
Data: xoves, 25 de maio de 2017, ás 12:00h
Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_UDC/cursos_idiomas/index.html?language=gl
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC XUÑO 2017
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 31 de maio ás 14:00h
VENRES 2 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 5 DE XUÑO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Reunión informativa PFG – PFC – PFM (aula E-1)
Convócase a todos os alumnos e profesores interesados a unha reunión na que se informará sobre o calendario e estrutura da docencia para a elaboración, presentación e defensa do Proxecto Fin de Carreira nas titulacións impartidas na ETSAC
Cada titulación tratarase de forma individualizada de acordo co seguinte esquema:
12:00 – 12:45 PFG. 30 ECTS . Boloña 1. Grao en Arquitectura. (titulación habilitante)
12:45 – 13:00 PFC. Arquitecto plan antigo. (titulación extinguida)
13:00 – 14:00 PFM. 30 ECTS. Boloña 2. Máster Universitario en Arquitectura (titulación habilitante)
Ante a importancia dos temas para tratar rógase a asistencia a todos os interesados.
A dirección da ETSAC
IV Descenso urbanístico dende a ETSAC: Lugares comúns en espazos fragmentados que inclúe dous bloques baixo os títulos de Inxustizas espaciais e Estritamente bipolar. Intervirán: Federico López Silvestre e Diego Calvelo Álvarez + Miguel Nogueira Souto. Inscrición de balde a través dun correo electrónico a cidadeterritorio@udc.es
Organiza: GCeT, grupo de investigación
Responsable: prof. Juan Creus
Data: venres 09 de xuño de 2017
Lugar: Saída dende o edificio de departamentos da eTSAC
Sesión practica de plotteado desde plt’s, impresión e escaneado, eduroam, escritorios virtuais, e moito máis
Aberta a todos os alumnos da ETSAC.
Seminarios a cargo dos bolseiros da Aulas Net e Laboratorios dá ETSAC