Mapping Caracas: Controversias na arquitectura social en Venezuela, 1999-2016. Palestra do profesor Henry Vicente Garrido, Universidade Simón Bolívar de Caracas (Venezuela)
Unha lección da materia Análise Arquitectónica, aberta a toda persoa interesada.
Data: martes 15 de novembro, ás 09:00h
Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

PALESTRA DE LUZ PAZ AGRAS: MARTES DAS ARTES NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES
O martes día 15 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Arquitectura de Re-acción. Unha lectura de proxectoa á marxe” impartida por Dª. Luz Paz Agras, Doutora Arquitecta e profesorado Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña.
A raíz da actual crise económica, a arquitectura veuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a poñer en tela de xuizo o seu papel na sociedade. Nos últimos anos, foi identificada exclusivamente co seu rol de construcción, movéndose entre dúas posicións extremas pero ámbalas dúas froito dunha época de despilfarro económico: por unha parte, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela y por outra, a especulación constructiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria.
Asumido o resultado fallido de ámbolos dous modelos, experiencias que naceron en paralelo á propia crise da disciplina, pero moi dentro desta, amosan xeitos de actuación inconformistas e propositivos. Accións que enfocan o seu obxectivo cara o achegamento da sociedade á arquitectura a través da ensinanza conviven con outras nas que a participación cidadana se converte no principal material de proxecto, pasando polas que se posicionan con actitudes críticas. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados nestos últimos anos, trázase o panorama da arquitectura de re-acción: inmaterial, efímera e activista.
+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/noticias.asp?idNoticia=400&tipo=1
PALESTRA DE JOSÉ J. GONZÁLEZ-CEBRIÁN TELLO:
“CLAVES PARA LA INTERVENCIÓN EN CASCOS HISTÓRICOS MENORES EN GALICIA “.
O martes día 22 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Claves para la intervención en cascos históricos menores de Galicia” impartida por D. Jose González‐Cebrián Tello, Dr. Arquitecto, Catedrático de Urbanística y O.T. en la ETSA de la UDC.
En esta conferencia se trata de analizar las características propias de diferentes Cascos Históricos Menores en Galicia y proponer una metodología de actuación encaminada a salvaguardar sus valores patrimoniales, al mismo tiempo que se plantea su adecuación a las necesidades de la sociedad actual. La catalogación y respeto por las edificaciones de valor histórico‐arquitectónico deben estar acompañadas por intervenciones de mejora ambiental y urbanizadora, junto con una integración de la arquitectura actual siguiendo ciertas pautas de respeto, inherentes a la lectura histórica de esos núcleos.
+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/noticias.asp?idNoticia=401&tipo=1
Presentación na ETSAC do premio Finsa: mércores 23 de novembro, ás 12:00h, no sálón de actos da Escola.
O International Finsa Award for Students of Architecture & Design é un concurso orientado a estudantes, cuxo obxectivo é potenciar o uso da madeira e outros produtos de produción sustentable na construción.
Os tres mellores deseños recibirán 5.000€, 3.000€, 2.000€ respectivamente para usar e colaborar no proxecto de ASF (www.asfint.org) da súa elección.
Máis información: http://ifa.finsa.com

Conferencia PFC: Proxecto Básico.
Condicións CTE. Incendios. Seguridade de utilización. Barreiras
José Luis Martínez Raido
Mércores, 23 de novembro de 2016, 16:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

O vindeiro xoves 1 de decembro, ás 20:30h, na Fundación Luis Seoane, Proxecto Cárcere organiza no seu 6º Aniversario,a presentación da mostra dos Proxectos Finais de Carreira desenvolvidos na ETSAC.
Na presentación participará o Concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña, Xiao Varela; os profesores da ETSAC, Juan Creus e Emma López; e as arquitectas e arquitectos que desenvolveron o tema, Alicia Balbás, Roberto Barron, Mae Casanueva, Raquel Soutullo, Noemí Fernández, Marta Fernández, Sara Ferro, Antón Gómez, María Montenegro, Rebeca Otero, Óscar Rodríguez, Javier García, Beatriz Sierra e Daniel Vilares. Na presentación se poderá contemplar os diferentes proxectos a través das maquetas, planos e paneis resumenes.
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2016
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 7 de decembro ás 14:00h
VENRES 9 DE DECEMBRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 12 DE DECEMBRO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN