Calendar

Nov
14
Lun
Palestra do coreógrafo Javier Martín na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 14 @ 12:00

javiermartin_1

 

Palestra de Javier Martín , coreografo: CsO_como construír un corpo sen órganos. Articúlase en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, relacionando as características escénicas con entornos non especificamente artísticos vinculados co performativo e a memoria. O que se pretende é comunicar as ferrramentas propioceptivas e de xestión dos arredores que desde as artes do movemento se están a destilar, cunha intención de corte etnográfico e transversal.

Organiza: pARQc, grupo de investigación Proxecto, Arquitectura e Cidade

Data: luns, 14 de novembro, ás 12:00h

Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

 

 

 

 

 

Nov
15
Mar
Mapping Caracas: palestra de Henry Vicente na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Nov 15 @ 09:00

torredavid_1

 

Mapping Caracas: Controversias na arquitectura social en Venezuela, 1999-2016. Palestra do profesor Henry Vicente Garrido, Universidade Simón Bolívar de Caracas (Venezuela)

Unha lección da materia Análise Arquitectónica, aberta a toda persoa interesada.

Data: martes 15 de novembro, ás 09:00h

Lugar: Salón de Actos da ETSAC, andar 0

 

Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA @ Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes
Nov 15 @ 20:00 – 21:00
Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA @ Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes | A Coruña | Galicia | España

PALESTRA DE LUZ PAZ AGRAS: MARTES DAS ARTES NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

O martes día 15 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Arquitectura de Re-acción. Unha lectura de proxectoa á marxe” impartida por Dª. Luz Paz Agras, Doutora Arquitecta e profesorado Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña.

A raíz da actual crise económica, a arquitectura veuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a poñer en tela de xuizo o seu papel na sociedade. Nos últimos anos, foi identificada exclusivamente co seu rol de construcción, movéndose entre dúas posicións extremas pero ámbalas dúas froito dunha época de despilfarro económico: por unha parte, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela y por outra, a especulación constructiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria.

Asumido o resultado fallido de ámbolos dous modelos, experiencias que naceron en paralelo á propia crise da disciplina, pero moi dentro desta, amosan xeitos de actuación inconformistas e propositivos. Accións que enfocan o seu obxectivo cara o achegamento da sociedade á arquitectura a través da ensinanza conviven con outras nas que a participación cidadana se converte no principal material de proxecto, pasando polas que se posicionan con actitudes críticas. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados nestos últimos anos, trázase o panorama da arquitectura de re-acción: inmaterial, efímera e activista.

+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/noticias.asp?idNoticia=400&tipo=1

Nov
16
Mér
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 16 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións. Ángeles Santos Vázquez @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC: Proxecto Básico. Instalacións

Ángeles Santos Vázquez

Mércores, 16 de novembro de 2016, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Nov
21
Lun
Palestra do arquitecto José Manuel Peña Serna @ Aula E-2. ETSAC
Nov 21 @ 12:00 – 15:00
Nov
22
Mar
Palestra do profesor José J. González-Cebrián Tello na Academia Galega de BBAA @ Academia Galega de Belas Artes
Nov 22 @ 20:00 – 21:00

PALESTRA DE JOSÉ J. GONZÁLEZ-CEBRIÁN TELLO:

“CLAVES PARA LA INTERVENCIÓN EN CASCOS HISTÓRICOS MENORES EN GALICIA “.

cebr_01

O martes día 22 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Claves para la intervención en cascos históricos menores de Galicia” impartida por D. Jose González‐Cebrián Tello, Dr. Arquitecto, Catedrático de Urbanística y O.T. en la ETSA de la UDC.

En esta conferencia se trata de analizar las características propias de diferentes Cascos Históricos Menores en Galicia y proponer una metodología de actuación encaminada a salvaguardar sus valores patrimoniales, al mismo tiempo que se plantea su adecuación a las necesidades de la sociedad actual. La catalogación y respeto por las edificaciones de valor histórico‐arquitectónico deben estar acompañadas por intervenciones de mejora ambiental y urbanizadora, junto con una integración de la arquitectura actual siguiendo ciertas pautas de respeto, inherentes a la lectura histórica de esos núcleos.

+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/noticias.asp?idNoticia=401&tipo=1

Nov
23
Mér
Presentación na ETSAC do concurso Finsa Award @ Salón de Actos da ETSAC, andar 0
Nov 23 @ 12:00

finsa_1

 

Presentación na ETSAC do premio Finsa: mércores 23 de novembro, ás 12:00h, no sálón de actos da Escola.

O International Finsa Award for Students of Architecture & Design é un concurso orientado a estudantes, cuxo obxectivo é potenciar o uso da madeira e outros produtos de produción sustentable na construción.

Os tres mellores deseños recibirán 5.000€, 3.000€, 2.000€ respectivamente para usar e colaborar no proxecto de ASF (www.asfint.org) da súa elección.

Máis información: http://ifa.finsa.com

Conferencia PFC: Proxecto Básico. Condicións CTE. Incendios. Seguridade de utilización. Barreiras @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 23 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: Proxecto Básico. Condicións CTE. Incendios. Seguridade de utilización. Barreiras @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC: Proxecto Básico.

Condicións CTE. Incendios. Seguridade de utilización. Barreiras

José Luis Martínez Raido

Mércores, 23 de novembro de 2016, 16:00 h

Salón de Actos ETSAC

 

A conferencia está dirixido a todo o alumnado do PFC, titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Nov
30
Mér
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Criterios Construtivos. Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC
Nov 30 @ 16:00 – 19:00
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Criterios Construtivos. Antonio Raya de Blas @ Salón de Actos. ETSAC

Conferencia PFC:  A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Criterios Construtivos

Antonio Raya de Blas

Mércores, 30 de novembro de 2016, 16:00 h-19:00 h

Salón de Actos ETSAC

A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura

Dec
1
Xov
Presentación e mostra “O cárcere nos PFC da ETSAC” na Fundación Luis Seoane @ Fundación Luis Seoane
Dec 1 @ 20:30 – 22:00
Presentación e mostra "O cárcere nos PFC da ETSAC" na Fundación Luis Seoane @ Fundación Luis Seoane

O vindeiro xoves 1 de decembro, ás 20:30h, na Fundación Luis Seoane, Proxecto Cárcere organiza no seu 6º Aniversario,a presentación da mostra dos Proxectos Finais de Carreira desenvolvidos na ETSAC.

Na presentación participará o Concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña, Xiao Varela; os profesores da ETSAC, Juan Creus e Emma López; e as arquitectas e arquitectos que desenvolveron o tema, Alicia BalbásRoberto BarronMae CasanuevaRaquel SoutulloNoemí FernándezMarta FernándezSara FerroAntón GómezMaría MontenegroRebeca OteroÓscar RodríguezJavier GarcíaBeatriz Sierra e Daniel Vilares. Na presentación se poderá contemplar os diferentes proxectos a través das maquetas, planos e paneis resumenes.

 
A mostra dos PFCs, poderánse contemplar do día 1 ao 12 na Fundación Luis Seoane.
 
O evento de Facebook con toda a información é o seguinte: https://www.facebook.com/events/207138143066828/