Acto de inicio de curso na ETSAC, 2016-17:
-11:30 para os alumnos de primeiro curso:
Benvida do director da ETSAC, Fernando Agrasar, e presentacións de servizos da escola a cargo de: Mayra Sanjuán, directora da biblioteca, Paula Fernández-Gago, coordinadora do PAT e representantes de alumnos
-12:30 para todos os alumnos e profesores da ETSAC:
Palestra do profesor Felipe Peña Pereda: SERVE PARA ALGO A ARQUITECTURA?
Data: mércores 07 de setembro
Lugar: Salón de actos da ETSAC
A ETSAC celebra este ano o Día Mundial do Hábitat con dúas palestras de profesores convidados da lusofonía:
-O profesor Luis Lage da Universidade E. Mondlane de Maputo (Mozambique) disertará sobre Os desafíos da habitación informal. O caso de Maputo
-A seguir a profesora Ana Gabriela Godinho Lima da Universidade Mackenzie de Sao Paulo (Brasil) falará sobre SP urban 95 projects
Data: luns 03 de outubro, 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
O escultor ENRIQUE SAAVEDRA falará da súa obra no contexto dunha reflexión sobre o lugar, a escala e o obxecto, que entronca cos traballos que se están a desenvolver no Obradoiro 5C.
Enrique Saavedra é o autor do emblemático “Monumento ao Voyeur”, sobre a Praia de Alba no Concello de Arteixo, que adquire novos significados por mor da recualificación da paisaxe nese tramo da costa e da construción do Porto Exterior en Punta Langosteira.
Organiza: PARQC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (P4|P5)
Xornadas de Modernidade e contemporaneidade 4 na ETSAC no cincuentenario da publicación do libro de Rossi “A arquitectura da cidade” e o corenta aniversario da celebración do SIAC en Santiago de Compostela.
Coa intervención de arquitectos e docentes ETSAC e externos: Fernando Agrasar, Antonio Maroño, César Portela, Miguel Abelleira, Juan Caridad, Victoriano Sáinz, Daniela Sá, Marco Sanmiccheli, Salvador Tarragó e Andrés Fernández-Albalat.
Organiza: IALA, Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura
Datas: mércores e xoves, 05 e 06 de outubro 2016
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos, ETSAC
Máis información e inscripcións: http://www.udc.es/iala/actualidade/2016/Modernidadycontemporaneidad4.html
ARTE+ARQUITECTURA
Xornadas Poesía Arquitectura Danza
O curso consiste en dúas sesións relacionadas coa palabra e o movemento impartidas por dous artistas contemporáneos de recoñecido prestixio que proporán prácticas onde aprender a manexar estas disciplinas nun proceso creativo que non as contempla e para o que propoñemos unha comunidade reflexiva ampliada. Por iso, as sesións de cada artista se articulan nunha palestra, de carácter expositivo-teórico, e nunha acción-performance que implique na experiencia aos asistentes.
Xoves 6 de outubro: Dores Tembrás, poesía, Salón de Actos ETSAC, 11-15:00h
A Asociación Xuvenil Perspectivas, formada por estudantes da ETSAC, convocou o concurso de arquitectura Perspectiva Natura. A entrega de premios será o vindeiro martes día 11 de outubro, ás 14:00h, nun acto a celebrar no salón de actos da Escola e ao que estades todos convidados.
Ao remate do acto de entrega de premios haberá uns pinchos e bebidas.