
O vindeiro venres 17 celebraremos na *ETSAC a primeira reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia.
Para todos os que poidades achegarvos á comida esperarémosvos ata as 14:30 na cafetería e despois no comedor da Escola.
Ás 16:30 subiremos ata a Sala de Xuntas na planta 0 do edificio da Escola de Arquitectura para dar comezo á reunión.
Despois da presentación e posta ao día das actividades dos grupos de usuarios BIM en España desde o pasado EUBIM e como tema desta reunión, o arquitecto Antonio Larrondo falaranos sobre
Modelado paramétrico e modelado algorítmico , co seguinte contido
- O pensamento algorítmico. Programación visual.
- Dynamo. Relacións Revit-Dynamo, Dynamo-Revit.
- Revit, Dynamo e o seu API.
- Anatomía dun programa visual. Exemplos de aplicación práctica Revit-Dynamo.
Esperamos que vos resulte interesante.
Ao finalizar a charla teremos un coloquio e proposta de actividades para as futuras reunións.
Á comida e á charla é totalmente aberta, é máis, rogariámosvos que avisásedes a todas as persoas interesadas.
Sería bo que se desen de alta no grupo de meetup para telas ben informadas.
Obradoiro na ETSAC: Refuxiados e desprazados internos. Solucións de aloxamento. Patricia Muñiz, directora, e Patricia Sabín, coordinadora, contan coa participación de numerosos convidados especialistas no tema e a colaboración no obradoiro dun grupo de docentes da Escola.
Duración: 25 horas (solicitados créditos para os alumnos participantes). Existen seis bolsas que se concederán por rigoroso orde de inscripción.
Datas: 20 ao 23 de xuño de 2016
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Máis información:
Lugar: Real Academia Galega de Belas Artes, Praza do pintor Álvarez de Sotomayor, 1, A Coruña
A dirección do centro convoca unha reunión informativa dirixida aos alumnos que no curso 2015-16 estivesen matriculados no Grao en Arquitectura e desexen incorporarse ao itinerario Boloña 2: Grao en Estudos de Arquitectura + Máster Universitario en Arquitectura o vindeiro curso académico.
Xoves. 23.06.2015 Salón de actos. Aula especial 1. ETSAC. 13:00h.
Nota: Non é unha reunión informativa para alumnos de primeiro por primeira vez.
Terceiro descenso urbanístico dende a ETSAC. Paseo comentado polos membros do grupo de investigación Galicia Cidade e Territorio, GCeT.
Data: martes 28 de xuño
Lectura da tese de doutoramento de Diego Campos Juanatey: “Técnicas de representación dos you-are-here-maps e imaxe da cidade. Análise e aplicación ao patrimonio construído, centros históricos”
Directores da tese: María José Pérez Fabello e Santiago Tarrío Carrodeguas
Data: venres 08 de xullo, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Máis información: http://www.wageningenur.nl/en/Education-Programmes/prospective-master-students/MSc-programmes/MSc-Landscape-Architecture-and-Planning.htm
Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC Enrique Antelo Tudela: “As instalacións como condicionante do deseño arquitectónico. Panel técnico Reverstop”
Directores da tese: María Jesús Dios Viéitez e Víctor Manuel Hermo Sánchez
Data: venres 15 de xullo, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, Edificio de Departementos da ETSAC

Entrega de premios Fase Local 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”
Ás 12,30 horas do 27 de xullo de 2016, no Salón de Actos da ETSAC, entrega de premios da fase local da 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”
PRIMEIRO PREMIO
Lema – ALLGORA
SEGUNDO PREMIO
Lema – PAISAJE VERTICAL
TERCEIRO PREMIO:
Lema – THE SNAKE