A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.
Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:
EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]
EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]
MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]
A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].
Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos
Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia
Produce: Concello de Ourense
Máis información: www.ourenseimaxinado.com
En resposta á solicitude realizada polos alumnos e atendendo ao carácter cultural do Festival de Arquitectura (FETSAC), adxúntase a organización das clases teóricas dos planos “Grao en Arquitectura” e “Grao en Estudos de Arquitectura”.
Por acordo da comisión permanente da ETSAC a docencia interactiva e de taller non se celebrará e únicamente impartirase docencia expositiva consignada na taboa adxunta.
Descarga o arquivo en formato PDF (actualización 10.03.2016)
Curso sobre “Experiencias comparadas en urbanismo y ordenación del territorio” organizado polo COAG en colaboración coa ETSAC.
Hai unha reserva de 40 prazas para alumnos da ETSAC con matrícula reducida de 75€.
Datas: 17 ao 19 de marzo de 2016
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Más información: http://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=539
Conferencia PFC: A Construción no Proxecto Fin de Carreira. Parte I
Antonio Raya de Blas
Mércores, 30 de marzo de 2016, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Palestra da HNA sobre o arquitecto autónomo e o inicio á profesión. Organiza a materia Arquitectura Legal. Aberta a toda a ETSAC
Data: xoves, 31 de marzo 2016, ás 17:00h
Lugar: aula E-2, andar -1, ETSAC
Conferencia PFC: O Urbanismo no Proxecto Fin de Carreira.
Martín Fernández Prado
Mércores, 6 de abril de 2016, 16:00 h-17:15 h
Salón de Actos ETSAC
A conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC: titulación Arquitecto, Grao en Arquitectura e Máster en Arquitectura
Presentación, na ETSAC, do libro A GALICIA URBANA, editado por Xerais.
Intervirán: Fernando Agrasar Quiroga (Director da ETSAC), José J. González Cebrián-Tello (Profesor ETSAC), Rubén C Lois González (Editor), Daniel Pino (Editor) e Carmen Lamela Viera (Prof. Socioloxía UDC)
Data: venres 08 de abril de 2016, ás 12:00h
Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0
Asistencia libre
Práctica aberta do profesor José A. Vázquez dirixida aos alumnos que estean a preparar o seu Proxecto Fin de Carreira.
Optimización da contorna de traballo.
- Sistemas de coordenadas.
- Cambio automático de niveis.
- Control da visualización.
- arquivos dwt
- Personalización
Sistema de impresión no LDA da ETSAC
venres 15.04.2016 Aula 3. Laboratorio Deseño Asistido. 11:00- 14:00
Reunión informativa para a elaboración dos contratos iniciais correspondentes á mobilidade internacional ETSAC 2016-17: [REUNIÓN DE OBRIGADA ASISTENCIA: xoves 21.04.2016, SALON DE ACTOS ás 13:30]